DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vedra (expediente DH.A15.88571).

Miguel Torres, S.A. solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Miguel Torres, S.A.

Expediente: DH.A15.88571.

Volume total anual: 5.281,3 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1.39 l/s.

Destino: rega.

Orixe:

Mina x= 545.740, y= 4.735.781 (fuso 29 ETRS89).

Manancial x= 545.738, y= 4.735.783 (fuso 29 ETRS89).

Parroquia: San Mamede de Ribadulla (San Mamede).

Concello: Vedra (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dunha mina e dun manancial na boca da mina, na parcela 912 do polígono 507, mediante dous pozos de captación de 170 cm de diámetro e 5 m de profundidade, construídos con aros de formigón e tapa de formigón de 7 cm de espesor, e comunicados entre si na parte baixa por un tubo de PVC de 200 mm de diámetro. Desde este punto lévase a auga a un pozo de acumulación de bombeo situado dentro dun galpón, con bomba eléctrica somerxible que impulsará a auga pola rede de distribución ás liñas de goteo nas parcelas a regar: 15090A507007800000AH, 15090A507007810000AW, 15090A507007870000AP, 15090A507007880000AL, 15090A507007890000AT, 15090A507007940000AM, 15090A507009110000AY, 15090A507009120000AG. Instalarase un contador homologado á saída do pozo de acumulación.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, previa cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro