DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Sobrado dos Monxes (expediente DH.A15.78857).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 9 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Traída e Aproveitamento de Augas do lugar de Sandá, a oportuna novación de concesión para aproveitar 443 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar As Granxas, parroquia da Ciadella (Santa María), no concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña), con destino a uso doméstico e gandeiro.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación
de Autorizacións e Concesións