DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Ferreiros (Ames, A Coruña), e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva.

En cumprimento do disposto nos artigos 112.4 e 115.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, faise pública a declaración da aldea modelo de Ferreiros (Ames, Cualedro), polo Acordo do 23 de agosto de 2023, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, CVE gFmMp6BSCfY7 verificable en https://sede.xunta.gal/cve, e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva, pola Resolución do 23 de novembro de 2023, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, CVE zuvOYde5F4t8 verificable en https://sede.xunta.gal/cve

Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural