DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 22 de novembro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Serra do Eixo e Monte Mazaira, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Meixide, no concello da Veiga.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Serra do Eixo e Monte Mazaira, pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Meixide, no concello da Veiga, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 15.2.2023, a CMVMC de Meixide presentou unha solicitude (Rexel núm. 2023/539137) de revisión de esbozo do MVMC Serra do Eixo e Monte Mazaira, no concello da Veiga.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificacións dos acordos da Asemblea Xeral de Meixide do 6.9.2022 e 9.9.2022.

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral de Hedreira do 25.9.2022.

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral de Meixide do 9.9.2022.

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral de Lamalonga do 6.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 22 de marzo de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe o perímetro colindante con particulares e outros montes veciñais.

A superficie do MVMC Serra do Eixo e Monte Mazaira, unha vez revisado o esbozo, resulta de 1.228,20 ha fronte ás 1.168 ha clasificadas, o que supón un aumento do 5 % da superficie.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Serra do Eixo e Monte Mazaira.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión e axustaranse e completaranse con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 22 de marzo de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 23 de outubro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Serra do Eixo e Monte Mazaira, pertencente á CMVMC de Meixide, no concello da Veiga.

Ourense, 22 de novembro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense