DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente REC-CO-0110/2023-AGR.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 23 de novembro de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Expediente

DNI denunciado

Acto de notificación

REC-CO-0110/2023-AGR

33177168J

Proposta de resolución