DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de obras para recheo de parcela no concello de Arteixo (expediente DH.W15.93078).

UTE Acceso Puerto Exterior A Coruña solicita de Augas de Galicia, por atoparse nas marxes do río Suevos, a autorización de obras, no polígono 93, parcela 193, no lugar de San Martín de Suevos, parroquia de Suevos (San Martiño), concello de Arteixo (A Coruña).

Descrición:

As obras solicitadas consisten no recheo de parcela con achega de material procedente das obras do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días laborais, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar (Edificio Administrativo Monelos), A Coruña, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.

A Coruña, 9 de novembro de 2023

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte