DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da concesión dun caudal de auga no concello de Porto do Son (expediente DH.A15.44634).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 1 de setembro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios de Augas de Abuín, Campanario e A Igrexa unha concesión de 22.706 m3 anuais de auga que procede de nove captacións situadas no monte veciñal en man común de Baroña, parroquia de Baroña (San Pedro), no concello de Porto do Son (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións