DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de outubro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Frades (expediente DH.A15.91415).

Manuel González Neira solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Manuel González Neira.

Expediente: DH.A15.91415.

Volume total anual: 814,04 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,14 l/s.

Destino: uso gandeiro e rega.

Orixe: pozo na parcela nº 374 do polígono 504.

Lugar: R.C. 15039A5040016500000JR.

Parroquia: Papucín.

Concello: Frades (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun pozo situado na parcela de referencia catastral 15039A504003740000JB e na súa condución por un tubo de 30 cm de diámetro e 16 m de longo que cruza unha pista municipal ata entrar na parcela nº 165, onde se desvía mediante tubaxe de 6 m de longo e 30 mm de diámetro cara un antigo lavadoiro, desde onde se emprega para uso gandeiro e rega da mesma parcela e da veciña nº 166.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro