DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se publican o acordo de aprobación da modificación do novo prego de condicións xerais do servizo portuario especial de practicaxe e o novo prego de condicións xerais do servizo especial de amarre e desamarre de buques dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada, e dáse publicidade do acordo de ratificación de erros materiais na Resolución do 21 de setembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 194, do 11 de outubro.

Primeiro. O Consello Reitor da entidade pública empresarial (EPE) Portos de Galicia, en sesión ordinaria do 28 de xullo de 2023, de conformidade coas previsións contidas na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia á vista da correspondente proposta, acordou aprobar as condicións dos servizos portuarios técnico-náuticos de practicaxe e amarre e desamarre de buques, así como a xestión con limitación de operadores deste servizo de amarre e desamarre por licenza acumulada á do servizo de practicaxe, por razón da rendibilidade e da demanda, de acordo cos artigos 113, 116, 119 e concordantes da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e aprobouse a modificación e os novos pregos de condicións xerais do servizo de practicaxe e acumulado de amarre nos referidos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

O 11.10.2023 publicouse no DOG a Resolución do 21 de setembro de 2023 pola que se publican o acordo de aprobación da modificación do novo prego de condicións xerais do servizo portuario especial de practicaxe e o novo prego de condicións xerais do servizo especial de amarre e desamarre de buques dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

Advertidos erros no documento Prego de prescricións particulares do servizo portuario de amarre e desamarre nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada publicados o 11.10.2023, rectifícanse estes conforme o artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Así mesmo, na sesión ordinaria do 16 de outubro de 2023, o Consello Reitor de Portos acorda aprobar o seguinte:

1. Ao abeiro do artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, rectificar os seguintes erros materiais no documento prego de prescricións particulares do servizo portuario de amarre e desamarre nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

Primeiro. Corríxese o erro da prescrición 10ª. Medios humanos e materiais mínimos exixidos punto 3.a) para indicar a posibilidade do medio de remolque sexa cal sexa a tipoloxía. Quedará redactado da seguinte maneira:

«3. Os vehículos irán provistos de:

a) Bóla de remolque ou similar que permita a seu axuste».

Segundo. Corríxese o erro da prescrición 10ª. Medios humanos e materiais mínimos exixidos punto 3.e) para reducir a potencia do equipo VHF de 25 a 3 W. Quedará redactado da seguinte maneira:

«3. Os vehículos irán provistos de:

e) Equipo VHF de banda mariña de 3W».

Terceiro. Por tanto, en cumprimento dos expresados acordos, estes fanse públicos para xeral coñecemento, e quedan, ademais, os ditos pregos definitivos dos servizos identificados coas correccións de erros e modificacións arriba indicadas, á disposición das persoas interesadas nas oficinas desta EPE Portos de Galicia e na súa páxina web www.portosdegalicia.com

Contra o presente acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación, consonte o establecido nos artigos 25 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan, previa e potestativamente, interpor recursos de reposición, ante o Consello Reitor de Portos de Galicia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Prego de prescricións particulares do servizo portuario de amarre e desamarre nos portos de Cee, Corcubión, Laxe e Sada

Índice

Sección I. Obxecto e ámbito do servizo

Prescrición 1ª. Obxecto e fundamento legal

Prescrición 2ª. Definición do servizo

Prescrición 3ª. Ámbito xeográfico

Sección II. Licenzas

Prescrición 4ª. Tipos de licenzas

Prescrición 5ª. Prazo

Prescrición 6ª. Outorgamento de licenzas

Prescrición 7ª. Extinción das licenzas

Sección III. Acceso á prestación do servizo

Prescrición 8ª. Requisitos de acceso e réxime de incompatibilidades

Prescrición 9ª. Condicións de solvencia económico-financeira e técnico-profesional

Prescrición 10ª. Medios humanos e materiais mínimos exixidos

Prescrición 11ª. Obrigas de protección ambiental e de contribución á sustentabilidade

Sección IV. Condicións e calidade da prestación do servizo

Prescrición 12ª. Condicións da prestación do servizo

Prescrición 13ª. Calidade da prestación do servizo. Indicadores de produtividade, rendemento e calidade

Prescrición 14ª. Subministración de información á Autoridade Portuaria

Prescrición 15ª. Garantías

Prescrición 16ª. Penalizacións e réxime sancionador

Sección V. Réxime económico do servizo

Prescrición 17ª. Tarifas pola prestación do servizo. Exercicio da potestade tarifaria, criterios de actualización e revisión

Prescrición 18ª. Tarifas por intervención en situacións de emerxencias, operacións de salvamento, extinción de incendios ou loita contra a contaminación

Prescrición 19ª. Suspensión temporal do servizo a unha persoa usuaria

Sección VI. Entrada en vigor, reclamacións e recursos

Prescrición 20ª. Entrada en vigor destas prescricións particulares

Prescrición 21ª. Reclamacións e recursos

Sección I. Obxecto e ámbito do servizo

Prescrición 1ª. Obxecto e fundamento legal

O obxecto do presente prego de prescricións particulares (en diante, PPP) é a regulación do outorgamento de licenzas e da prestación do servizo portuario de amarre e desamarre de buques nos portos de Cee, Corcubión, Laxe e Sada, xestionado pola Autoridade Portuaria Portos de Galicia (en diante, Autoridade Portuaria), conforme a Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Prescrición 2ª. Definición do servizo

1. Enténdese por servizo de amarre o servizo cuxo obxecto é recoller as amarras dun buque, portalas e fixalas aos elementos dispostos nos peiraos ou atracadas para este fin, seguindo as instrucións da/do capitá/án do buque, no sector de amarre designado pola Autoridade Portuaria, e na orde e coa disposición convenientes para facilitar as operacións de atracada, desamarre e desatracada.

2. Enténdese por servizo de desamarre aquel cuxo obxecto é o de largar as amarras dun buque dos elementos de fixación aos cales está amarrado seguindo a secuencia e instrucións da/do capitá/án e sen afectar as condicións de amarre dos barcos contiguos.

3. Enténdese por operación de emendada aquela na cal se realizan sucesivamente os dous servizos anteriormente citados para cambiar a posición de atracada dun buque dentro dun mesmo peirao.

4. Forman parte deste servizo a recollida e a fixación dos diferentes elementos de amarre (cabos, arames, cadeas…), tanto cando se realice directamente desde a propia estrutura de atracada, peirao, estacada (duque de alba), campo de boias monoboia como cando medie a utilización de embarcación e posterior achegamento ao persoal en peirao ou estrutura de amarre naquelas operacións en que sexa necesario.

5. Inclúense os servizos especiais de amarre a bordo dos buques ou artefactos flotantes tipo, gabarras, barcazas, buques abarloados, plataformas, caixóns, etc., así como o amarre destes artefactos flotantes en campos de boias, peirao, estacada (duque de alba) ou calquera outra estrutura de amarre, incluídos todos os seus elementos de fixación.

6. O servizo de amarre poderá ser obrigatorio para todos os buques, independentemente da súa tipoloxía, cun arqueo bruto de máis de 500 GT, coas condicións e particularidades que se establezcan ou se poidan establecer nas ordenanzas portuarias aprobadas por Portos de Galicia.

Prescrición 3ª. Ámbito xeográfico

1. O ámbito xeográfico da prestación deste servizo é a área portuaria delimitada pola zona de servizo do porto vixente no momento de aprobación deste PPP, segundo figura na delimitación dos espazos e usos portuarios, incluídas as zonas de fondeadura, ou a que a substitúa en diante.

2. No caso de modificacións da zona de servizo, quedarán incorporadas automaticamente ao ámbito xeográfico de prestación do servizo tras a súa comunicación oficial aos prestadores.

Sección II. Licenzas

Prescrición 4ª. Tipos de licenzas

A licenza é única.

Prescrición 5ª. Prazo

1. O prazo máximo de duración das licenzas será de cinco (5) anos.

2. As licenzas poderán renovarse, por unha vez, ata os dez (10) anos, logo de solicitude e acreditación polo/a prestador/a do cumprimento dos requisitos previstos na Lei de portos de Galicia e no presente PPP.

3. Os titulares de licenza poden renunciar a ela cun aviso previo obrigatorio de seis meses.

Prescrición 6ª. Outorgamento de licenzas

1. O procedemento de outorgamento das licenzas e o seu contido están regulados, con carácter xeral, nos artigos 115 a 122 da Lei de portos de Galicia.

2. As licenzas outorgaranse mediante concurso, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei de portos de Galicia.

Prescrición 7ª. Extinción das licenzas

1. As licenzas poderán extinguirse por algunha das causas seguintes:

A. Polas causas establecidas no artigo 122 da Lei de portos de Galicia.

B. Polas causas seguintes non asociadas a incumprimento:

a. Renuncia do/da titular co aviso previo previsto na prescrición 5ª.

b. Falecemento do/da titular da licenza, se é persoa física e non existe petición de continuidade por parte dos seus sucesores, no prazo dun ano desde a data de defunción, e logo de requirimento da Autoridade Portuaria.

c. A liquidación ou extinción da persoa xurídica, se fose a titular.

C. Por causa de revogación por incumprimento grave do título da licenza e, en particular, por algunha das seguintes:

a. O incumprimento da obriga de fornecerlle á Autoridade Portuaria a información que corresponda, así como facilitar información falsa ou de forma incorrecta ou incompleta reiteradamente.

b. O incumprimento por exceso das tarifas do/da prestador/a publicadas e das tarifas máximas, cando sexan de aplicación.

c. A facturación de servizos ou conceptos indebidos ás persoas usuarias ou á Autoridade Portuaria ou o falseamento de datos sobre os servizos prestados.

d. A falta de inicio da actividade no prazo establecido neste PPP.

e. A transmisión da licenza a un terceiro sen a autorización da Autoridade Portuaria.

f. A falta de constitución da garantía ou dos seguros indicados neste PPP no prazo establecido.

g. A falta de reposición ou complemento da garantía, logo de requirimento da Autoridade Portuaria nos prazos establecidos para iso.

h. A reiterada prestación deficiente ou con prácticas abusivas do servizo, especialmente se afecta a seguridade.

i. A falta de disposición efectiva dos medios humanos e materiais mínimos establecidos.

j. O incumprimento ou neglixencia grave na conservación dos medios materiais necesarios para prestar o servizo, sen atender o requirimento previo de corrección da Autoridade Portuaria, ou substitución destes sen a aprobación da Autoridade Portuaria.

k. O abandono da zona de servizo do porto por parte dalgún dos medios materiais adscritos ao servizo sen a autorización previa da Autoridade Portuaria e informe da Capitanía Marítima no que afecte a seguridade marítima, salvo causa de forza maior ou orde da Administración marítima cando se trate dunha emerxencia.

l. O incumprimento das obrigas establecidas neste prego de prescricións particulares e, en particular, o incumprimento da obriga de dispoñibilidade do servizo.

m. O incumprimento grave dos dereitos laborais.

2. As licenzas extinguiranse por acordo do Consello Reitor de Portos de Galicia, logo de audiencia á persoa interesada, a quen se lle outorgará un prazo de quince días co fin de que formule as alegacións e fundamentos que considere pertinentes, en defensa dos seus dereitos.

Non obstante, no caso de que transcorrese o prazo establecido na licenza, a extinción producirase de forma automática, salvo que a Autoridade Portuaria aprobase a súa renovación.

3. No caso de revogación da licenza, aplicarase, se procede, unha penalización equivalente ao total da garantía prestada.

Sección III. Acceso á prestación do servizo

Prescrición 8ª. Requisitos de acceso e réxime de incompatibilidades

a. Requisitos de acceso.

1. O acceso ao mercado para a prestación do servizo estará suxeito ao establecido no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2017/352 e na Lei de portos de Galicia.

2. O acceso á condición de prestador/a do servizo portuario de amarre e desamarre requerirá a obtención da correspondente licenza, que outorgará a Autoridade Portuaria, conforme o disposto na Lei de portos de Galicia e neste PPP.

3. A prestación do servizo rexerase polo sistema de libre concorrencia.

4. Poderán optar a unha licenza para a prestación do servizo as persoas físicas ou xurídicas, españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, salvo nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non exixan o devandito requisito, que teñan plena capacidade de obrar e que non estean incursas en causa de incompatibilidade.

5. O/a empresario/a deberá cumprir co principio de honorabilidade, e poderá non outorgarse a licenza cando existan motivos suficientes para apreciar que non se produce o devandito cumprimento. Esta limitación afectará, igualmente, calquera persoa física ou xurídica vinculada á primera ou pertencente ao mesmo grupo empresarial, sempre e cando contribuíse á realización da conduta en que se aprecie a infracción determinante da falta de honorabilidade.

6. Os solicitantes deberán acreditar o cumprimento das obrigas fiscais, laborais e de seguridade social.

7. Os prestadores cumprirán a normativa social e laboral española, incluídas as disposicións dos convenios colectivos aplicables, os requisitos relativos á tripulación e os requisitos relativos aos períodos de traballo e de descanso da xente de mar, e as normas aplicables en materia de inspección de traballo.

8. Acreditarase mediante a presentación de certificados oficiais ou declaración responsable o cumprimento da lexislación de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo e a normativa laboral en canto a xornada dos traballadores e quendas para a cobertura do servizo.

9. Considerarase que os solicitantes están ao día nas obrigas de carácter fiscal e coa Seguridade Social cando non concurra ningunha das circunstancias previstas nos artigos 71, 72 e 73 da subsección referida ás prohibicións de contratar da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

As condicións de acceso establecidas nesta sección III son de obrigado cumprimento tanto para a obtención da licenza como durante toda a súa vixencia.

b. Réxime de incompatibilidades.

1. Ningunha persoa física ou xurídica que sexa titular dunha licenza deste servizo poderá ter influencia efectiva na xestión da persoa titular doutra licenza de idéntico servizo no mesmo porto, nos termos previstos no artigo 121 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

2. As incompatibilidades terán efecto tanto para o outorgamento das licenzas como durante todo o seu prazo de duración.

Prescrición 9ª. Condicións de solvencia económico-financeira e técnico-profesional

a. Solvencia económico-financeira.

1. O/a solicitante deberá contar para a obtención da licenza, e durante toda a vixencia desta, cun patrimonio neto superior ao 10 % do custo de adquisición dos medios materiais mínimos exixidos para ser titular dunha licenza (que será debidamente xustificado na solicitude) e superior ao 10 % dos activos totais da empresa solicitante.

2. Este requisito poderá acreditarse, entre outros, por algún dos medios seguintes:

a) Informes de institucións financeiras.

b) Presentación das contas anuais auditadas ou extracto destas, no suposto de que a publicación sexa obrigatoria nos Estados onde aquelas se encontren establecidas.

c) No caso de empresas de nova creación, os solicitantes deberán achegar as escrituras públicas de subscrición e desembolso do capital social.

3. Se, por unha razón xustificada, o/a solicitante non está en condicións de presentar as referencias solicitadas, a Autoridade Portuaria poderá avaliar a súa solvencia económica e financeira por medio de calquera outro documento, dos legalmente establecidos, que considere apropiado.

4. A Autoridade Portuaria pode, en todo momento, avaliar a situación económico-financeira dos licenciatarios co obxectivo de verificar o mantemento durante o prazo da licenza deste requisito.

b. Solvencia técnico-profesional.

1. A solvencia técnico-profesional do/da solicitante quedará acreditada tendo en conta a súa capacidade para a prestación do servizo nas condicións establecidas na Lei de portos de Galicia e nestas prescricións particulares de maneira simultánea.

a) Cando a empresa acredite dispoñer dos medios humanos establecidos na prescrición 11ª e que estes teñen a cualificación profesional exixida nela.

b) Cando a empresa acredite dispor dos medios materiais exixidos na prescrición 10ª e demostre a súa capacidade para manter os devanditos equipamentos nas condicións exixidas nela.

2. Esta solvencia técnico-profesional deberá acreditarse no momento de solicitar a licenza e manterse ao longo de todo o prazo de vixencia, e poderá ser obxecto de verificación pola Autoridade Portuaria en calquera momento.

3. Achegarase un xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, cuxa contía será de non menos de 120.000,00 €.

Prescrición 10ª. Medios humanos e materiais mínimos exixidos

1. En aplicación do establecido no artigo 120.1.j) da Lei de portos de Galicia, os medios humanos e materiais mínimos exixidos a cada prestador/a para ser titular dunha licenza son os indicados a continuación:

a. Medios humanos mínimos e a súa cualificación exixidos para acceder á prestación do servizo.

a) O/a prestador/a deberá dispor do número de amarradores necesario para manter a prestación do servizo nas condicións de seguridade, calidade e eficiencia exixidas neste PPP.

b) As quendas que o/a prestador/a deberá manter para cubrir o servizo estarán formados polo número mínimo de amarradores seguinte:

Dous (2) amarradores con presenza segundo demanda; polo menos un (1) será patrón para as embarcacións de amarre. Así mesmo, deberá contar con un/unha coordinador/a-amarrador/a encargado/a de coordinar a operativa do servizo e a comunicación co buque, o centro de control e outros prestadores.

c) O/a prestador/a deberá cumprir, no que a xornada de traballo e descansos se refire, coa lexislación laboral vixente. O/a prestador/a do servizo cumprirá a lexislación laboral española vixente en cada momento, en especial os convenios de aplicación, e deberá velar por que os traballadores reciban a formación continua necesaria para adquirir os coñecementos esenciais para o exercicio da súa función.

d) O persoal deberá coñecer os medios de que dispón a empresa destinados aos labores de salvamento, extinción de incendios, loita contra a contaminación e á prevención e control de emerxencias, así como a súa localización, e estará adestrado para a súa eficaz utilización. Para garantir o compromiso respecto á formación en materia de loita contra a contaminación mariña accidental, o/a solicitante deberá presentar, xunto coa solicitude de licenza, unha declaración responsable do cumprimento dos requisitos de formación que sexan de aplicación segundo o PIM, e participará ademais, nos exercicios de simulacro organizados pola Autoridade Portuaria.

b. Medios materiais mínimos exixidos para prestar o servizo.

A. En aplicación do establecido no artigo 120 da Lei de portos de Galicia, os medios materiais mínimos exixidos a cada prestador/a para prestar o servizo son os seguintes:

a) Un vehículo auxiliar.

b) Equipamento de traballo e dispositivos individuais de seguridade e saúde.

B. As embarcacións adscritas ao servizo reunirán as seguintes características: eslora mínima de 9 metros e francobordo mínimo dun metro.

Potencia mínima de 130 CV.

a) Cuberta con suficiente plataforma de traballo.

b) O material para o manexo dos cabos de amarre debe ser adecuado e coa resistencia necesaria.

c) Defensas adecuadas que ofrezcan protección suficiente.

d) Dotación mínima de persoal segundo a normativa da Dirección Xeral da Mariña Mercante e disposición de equipo VHF de banda mariña.

e) Equipamento suficiente de sirgas e bicheiros para facilitar o manexo de estachas.

f) Equipamentos de comunicacións e navegación:

– VHF de banda mariña de 25 W.

– Sistema de identificación automático (AIS ou SIA) de clase A (estarán exentas deste requisito aquelas embarcacións que carezan de ponte cuberta cando non sexa viable a instalación destes equipamentos a bordo).

g) Aro salvavidas con homologación SOLAS, con rabiza de lonxitude mínima de 30 metros e luz branca flotante.

h) Cando unha embarcación vaia quedar fóra de servizo por operacións de mantemento ou revisión que estean programadas de antemán, deberá pórse á disposición unha nova de características similares que cubra as necesidades do servizo antes de retirar a afectada, logo de informe á Autoridade Portuaria. No caso de que unha embarcación quede fóra de servizo por avaría ou outras circunstancias imprevistas, o prazo para o repor será de trinta días. En calquera caso, a substitución dunha embarcación deberá realizarse por outra de características similares e deberá ser autorizada previamente pola Autoridade Portuaria.

C. Os vehículos irán provistos de:

a) Unha bóla de remolque.

b) Un aro salvavidas con luz e rabiza.

c) Foco de iluminación independente.

d) Dispositivo de baixada automático das fiestras.

e) Equipo VHF de banda mariña de 25 W.

D. EPI para cada amarrador/a, patrón/oa ou mariñeiro/a:

a) Chaleco salvavidas autoinflable con homologación SOLAS.

b) Casco, calzado de seguridade e luvas de protección.

c) Vestimenta corporativa da empresa de cores vivas con tiras reflectoras.

d) Lanterna ou luz frontal.

E. Equipamentos de comunicacións individuais:

a) VHF portátil para cada amarrador/a.

b) Teléfono móbil para o/a coordinador/a-amarrador/a.

F. O/a prestador/a deberá contar cos seguintes medios específicos para cooperar nos labores de salvamento, extinción de incendios e loita contra a contaminación, así como de prevención e control de emerxencias:

a) O/a prestador/a terá a obriga de utilizar os elementos adscritos ao PIM que a Autoridade Portuaria lle entregue para a súa utilización, para o cal deberá aceptar a formación impartida pola Autoridade Portuaria ao seu persoal.

b) Os medios descritos seguirán un plan de revisión e mantemento periódico. Tras o seu uso, serán revisados e postos a punto, e reporanse aqueles que o requiran.

2. Unha vez finalizado o prazo da licenza, a Autoridade Portuaria non se fará cargo dos medios materiais de que dispoña o/a prestador/a do servizo. O investimento realizado en tales medios durante a vixencia da licenza, e que estea pendente de amortizar ao terminar, non xerará dereito a ningunha indemnización.

3. Se as embarcacións ou os restantes medios materiais adscritos ao servizo portuario non fosen propiedade da empresa titular da licenza, esta última deberá presentar, ademais dos requirimentos antes indicados, os contratos de arrendamento correspondentes, que deberán estar vixentes durante toda a duración da licenza, e deberán garantir que o/a prestador/a ten o control operativo total dos devanditos medios.

4. A substitución dun medio material adscrito ao servizo deberá realizarse, en todo caso, por outro de características similares e deberá ser autorizada previamente pola Autoridade Portuaria.

5. As embarcacións destinadas ao servizo terán necesariamente a súa base no porto e o seu posto base de atracada designarao a Autoridade Portuaria. Os devanditos medios únicamente poderán abandonar a zona de servizo do porto, logo de autorización previa e expresa da Autoridade Portuaria e informe da Capitanía Marítima no que afecte a seguridade marítima.

Prescrición 11ª. Obrigas de protección ambiental e de contribución á sustentabilidade

1. As empresas prestadoras deberán cumprir a normativa aplicable en materia ambiental, e as normas ambientais específicas que, de ser o caso, se establezcan no Regulamento de explotación e policía, nas ordenanzas portuarias e nas instrucións que poida ditar a Autoridade Portuaria, así como nos sistemas de xestión ambiental que poida aprobar a Autoridade Portuaria, conforme os obxectivos e indicadores de sustentabilidade ambiental, e serán as responsables de adoptar as medidas necesarias para previr e para paliar os efectos ambientais resultantes da prestación dos servizos.

2. As empresas prestadoras deberán realizar unha avaliación de riscos e proverán as garantías financeiras que, de ser o caso, sexan de aplicación conforme a Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental. Estas garantías poderán estar incluídas no seguro de responsabilidade civil.

3. As obrigas de servizo público están reguladas polo artigo 117 da Lei de portos de Galicia.

a. Cobertura universal.

1. O/a prestador/a do servizo estará obrigado a atender toda demanda razoable en condicións non discriminatorias.

2. Non obstante o anterior, o/a prestador/a do servizo poderá suspender temporalmente a prestación a unha persoa usuaria por impagamento do servizo, segundo o establecido nestas prescricións particulares.

b. Regularidade e continuidade dos servizos.

1. Os prestadores estarán obrigados a manter a continuidade e a regularidade do servizo en función das características da demanda, nas condicións indicadas neste PPP, as vinte e catro horas do día, todos os días do ano, e contribuirán a prestar os servizos mínimos que, de ser o caso, puider establecer a Autoridade Portuaria.

2. Nos casos en que proceda, caberá introducir unha tarifa por dispoñibilidade do servizo portuario.

c. Cooperación nas operacións de salvamento, extinción de incendios, loita contra a contaminación, así como en prevención e control de emerxencias.

1. O/a prestador/a porá á disposición da Autoridade competente que o solicite os medios humanos e materiais adscritos ao servizo. No caso de que o organismo competente solicitante sexa distinto da Autoridade Portuaria, o/a titular da licenza porá de inmediato en coñecemento desta tal solicitude.

As intervencións realizadas como resultado destas obrigas devindicarán as tarifas establecidas no presente PPP.

2. Os medios humanos e materiais exixidos para a prestación do servizo poranse á disposición da Autoridade Portuaria para a participación en exercicios e actuacións de simulacros. O número de servizos requeridos poderá ser de ata 4 ao ano e non dará dereito a compensación económica ningunha ao/á prestador/a por parte da Autoridade Portuaria.

3. As obrigas de servizo público, logo de requirimento da Autoridade Portuaria, darán dereito a compensación cando proceda legalmente.

Sección IV. Condicións e calidade da prestación do servizo

Prescrición 12ª. Condicións da prestación do servizo

a. Xeral.

1. Para realizar de operacións de amarre e desamarre será imprescindible ser titular dunha licenza deste servizo en calquera das modalidades definidas neste PPP.

2. O titular da licenza prestará o servizo segundo o previsto na Lei de portos de Galicia, nas condicións establecidas no presente PPP e na licenza outorgada pola Autoridade Portuaria, conforme os principios de obxectividade e non-discriminación, e deberá evitar en todo momento incorrir en prácticas anticompetitivas.

3. O/a prestador/a debe notificar toda modificación da súa actividade relativa á prestación do servizo, así como fusións, adquisicións ou cambios na súa composición accionarial que teñan algunha implicación na prestación do servizo ou sobre a situación financeira ou o réxime de incompatibilidades previsto na Lei de portos de Galicia. A Autoridade Portuaria avaliará se as devanditas modificacións alteran a situación de cumprimento das condicións de solvencia ou incompatibilidade establecidas neste PPP ou na lei.

4. Como garantía da adecuación dos medios humanos e materiais e da súa operatividade, o/a prestador/a deberá achegar anualmente un plan de organización dos servizos en que se detallen os procedementos implicados, a asignación de recursos humanos, quendas de traballo e plan de resposta ás emerxencias.

b. Alcance do servizo.

1. A prestación do servizo realizarase de forma regular e continua, salvo causa de forza maior, caso en que o/a prestador/a do servizo estará obrigado/a, sen dereito a ningunha indemnización, a adoptar as medidas razoables para facer fronte ás circunstancias adversas e asegurar a continuación inmediata do servizo, sen prexuizo das instrucións que a Autoridade Portuaria ou a Capitanía Marítima puideren impartir por razóns de seguridade do porto e cooperación en emerxencias.

2. Os servizos de amarre e desamarre prestaranse por solicitude das persoas usuarias. A utilización do servizo será obrigatoria nos casos que se establezcan no Regulamento de explotación e policía e nas ordenanzas portuarias, conforme o establecido na Lei de portos de Galicia. Pola súa vez, por razóns de seguridade marítima, a Capitanía Marítima poderá declarar a obrigatoriedade de devandito servizo.

c. Coordinación do servizo.

1. Durante a realización das manobras, os amarradores seguirán as instrucións procedentes da/do capitá/án do buque asistido.

2. Os amarradores deberán permanecer en contacto permanente co buque amarrado, informarán do inicio e da finalización de cada servizo, así como das incidencias relevantes acaecidas, seguindo en todo momento as instrucións que desde o buque e o devandito centro ou servizo lle poidan impartir. Para iso, disporán e utilizarán os medios de comunicación establecidos e seguirán os procedementos operativos vixentes da Autoridade Portuaria.

3. A petición formal e a confirmación da petición do servizo serán realizadas polo/a consignatario/a, a/o capitá/án ou o/a armador/a do buque cunha antelación mínima de seis horas, conforme o procedemento establecido pola Autoridade Portuaria.

4. As navegacións polas augas interiores portuarias das embarcacións destinadas a este servizo non deberán superar a velocidade máxima establecida nas ordenanzas portuarias.

d. Condicións de seguridade laboral e protección portuaria.

1. A empresa prestadora presentará un plan de prevención de riscos, conforme o disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e na normativa complementaria, antes do inicio da prestación do servizo, onde se indiquen as medidas de protección, así como os EPI que deberán adoptar e empregar os traballadores.

2. A empresa prestadora deberá presentar un plan de medidas de emerxencia antes do inicio da prestación do servizo, co fin de que a Autoridade Portuaria o integre no seu correspondente plan de autoprotección, conforme o establecido no Real decreto 393/2007, do 23 de marzo, polo que se aproba a Norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia.

3. Os titulares de licenzas comprometeranse a cumplir as obrigas ou a atender as indicacións relativas á coordinación das actividades empresariais.

e. Risco e ventura. Impostos e gastos derivados da prestación do servizo. Responsabilidade. Seguro de responsabilidade civil.

1. O servizo realizarao o/a titular da licenza baixo o seu exclusivo risco e ventura.

2. Serán por conta do/da titular da licenza todos os impostos, arbitrios ou taxas derivados da prestación do servizo, conforme a lexislación vixente en cada momento; os consumos de combustible, auga e electricidade; así como calquera outro servizo que poida utilizar no porto e todos os demais gastos que ocasione a prestación e que sexan necesarios para o funcionamento do servizo.

3. A Autoridade Portuaria non será responsable, en ningún caso, dos danos producidos a terceiros como consecuencia da prestación do servizo, e serán, de ser o caso, responsabilidade da persoa titular da licenza os danos e perdas que esta poida producir durante o desenvolvemento da actividade. Cando tales danos e perdas fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites sinalados nas leis. No caso de que as embarcacións sexan fretadas, o/a licenciatario/a será igualmente responsable fronte a terceiros dos danos ocasionados polas embarcacións.

4. Así mesmo, de conformidade co disposto polo artigo 113.8 do TRLPEMM, incluiranse expresamente nas licenzas do servizo que se outorguen as seguintes cláusulas:

«A Autoridade Portuaria non responderá en ningún caso das obrigas de calquera natureza que correspondan ao/á prestador/a do servizo fronte aos seus traballadores, especialmente as que se refiran ás relacións laborais, salario, prevención de riscos ou seguridade social».

«Será obriga do/da prestador/a indemnizar todos os danos e perdas que se causen a terceiros, como consecuencia da prestación do servizo obxecto da licenza. Cando tales danos e perdas fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites sinalados nas leis».

5. Antes de comezar a actividade, a empresa prestadora deberá subscribir un seguro de responsabilidade civil que cubra os posibles danos causados durante a prestación do servizo portuario cuxa responsabilidade recaia sobre o/a prestador/a, así como as indemnizacións por riscos profesionais. A contía do devandito seguro debe ser igual ou superior a 200.000 euros (doscentos mil euros). Esta cantidade actualizaraa cada cinco anos a Autoridade Portuaria conforme a variación do IPC. Ademais, as embarcacións deben contar cun seguro de protección e indemnización por danos (P&I).

f. Inicio da prestación do servizo.

1. O servizo comenzará a prestarse no prazo máximo dun mes, computado a partir da data de notificación do outorgamento da licenza. Non obstante, e no caso de que se trate dunha renovación da licenza, non poderá quedar interrompida a prestación do servizo.

2. Previamente ao inicio da prestación do servizo, a Autoridade Portuaria verificará que tanto todos os medios materiais comprometidos polo/a prestador/a como os medios humanos adscritos ao servizo cumpren os requisitos exixidos no presente prego de prescriciones particulares.

Prescrición 13ª. Calidade da prestación do servizo. Indicadores de productividade, rendemento e de calidade

1. A prestación do servizo realizarase coa debida dilixencia, evitando atrasos no inicio e observando as boas prácticas do oficio. O/a prestador/a do servizo deberá desenvolver as operacións de amarre e desamarre nun tempo razoable acorde coas características do buque, as condicións operativas e as condicións de clima marítimo, así como as ordes da/do capitá/án do buque asistido.

2. O/a prestador/a manterá os estándares de calidade establecidos pola Autoridade Portuaria neste PPP e respectaraos, con carácter de mínimos, durante o desenvolvemento das actividades comprendidas na prestación do servizo.

3. Poderanse establecer indicadores de productividade, rendemento e calidade relacionados co servizo.

4. Os indicadores anteriores avaliaranse para cada prestador/a de forma independente.

5. O incumprimento dos indicadores anteriores dará lugar á aplicación das penalizacións establecidas no presente PPP. O seu reiterado incumprimento poderá dar lugar á extinción da licenza, sen prexuízo dos efectos que puideren derivar dos devanditos incumprimentos.

6. Rexistrarase adicionalmente o indicador correspondente á conxestión. O indicador de conxestión debe ser inferior ao 2 %. Os prestadores non serán penalizados polo incumprimento deste indicador.

7. En caso de que durante a prestación do servizo se produza unha demora no inicio do servizo ou se reciban reclamacións ou queixas pola prestación insuficiente, deberanse rexistralas causas que provocaron as desviacións, para coñecemento da Autoridade Portuaria.

Prescrición 14ª. Subministración de información á Autoridade Portuaria

a. Información xeral.

1. O/a prestador/a do servizo deberá facilitarlle á Autoridade Portuaria a información detallada que esta precise para exercer a súa responsabilidade de control sobre a correcta prestación do servizo, de forma que poida verificar o cumprimento da Lei de portos de Galicia e deste PPP. Esta información deberá facilitarse no formato e polos medios establecidos pola Autoridade Portuaria.

2. O/a prestador/a do servizo presentará, cando sexa requirido, un informe detallado sobre a prestación do servizo.

3. A Autoridade Portuaria respetará o carácter confidencial da información fornecida, e esta será solicitada aos prestadores de forma transparente e non discriminatoria, conforme o establecido na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

b. Información detallada sobre os servizos prestados.

1. Información con frecuencia anual que permita avaliar o cumprimento dos indicadores de calidade e produtividade.

2. O/a prestador/a deberá cubrir documentalmente un rexistro informatizado con datos dos servizos que presta aos buques e pór este á disposición da Autoridade Portuaria. Cando o acceso a este rexistro non sexa continuo, facilitarase con frecuencia mensual. Este rexistro deberá conter os seguintes datos:

a) Número de escala asignado pola Autoridade Portuaria.

b) Tipo de servizo (amarre, desamarre, emendada…).

c) Data e hora de solicitude do servizo.

d) Data e hora para as cales se solicita o servizo.

e) Data e hora de chegada ao punto de atracada.

f) Data, hora e lugar de finalización do servizo.

g) Nome, bandeira, tipo e tamaño (GT) do buque.

h) Número e tipo de amarras dadas.

i) Número e identificación das embarcacións empregadas no servizo.

j) Incidencias acaecidas durante a prestación do servizo.

k) Cantidade que correspondería facturar por aplicación das tarifas publicadas do/da prestador/a.

l) Calquera outra información que o/a prestador/a considere relevante indicar.

c. Separación contable.

1. De conformidade co disposto na Lei de portos de Galicia, as contas anuais da empresa deberán contar cunha estrita separación contable entre o servizo de amarre e desamarre no porto e outras actividades que poida desenvolver o/a prestador/a.

2. A memoria das contas anuais deberá reflectir por separado a contabilidade da actividade do servizo portuario de amarre e desamarre no porto, e incluirá na devandita memoria auditada unha conta de perdas e ganancias e un estado do capital empregado correspondentes a esta actividade de forma separada á doutras actividades da empresa prestadora. Adicionalmente, deberáselle facilitar á Autoridade Portuaria a información relativa á estrutura de custos do servizo, con suficiente separación conceptual.

Prescrición 15ª. Garantías

1. Co fin de garantir o cumprimento das obrigas derivadas destas prescricións particulares, das sanciones que pudieren imporse e dos danos e perdas que pudieren producirse, así como o cumprimento da cláusula de aviso previo definida en caso de renuncia á licenza ou no caso de abandono indebido do servizo, o/a prestador/a deberá constituir, antes de iniciar a súa actividade, unha garantía a favor da Presidencia da Autoridade Portuaria cuxa contía será de polo menos 1.000 (mil) euros.

2. A garantía constituirase en metálico ou mediante aval bancario ou de compañía de seguros, conforme o modelo que aprobe a Autoridade Portuaria. A garantía, que será solidaria, poderá ser outorgada por persoa o entidade distinta da titular da licenza. En todo caso, entenderase que a garantía queda suxeita ás mesmas responsabilidades que se fose constituída por ela mesma, e sen que poidan utilizarse os beneficios de excusión, división e orde.

3. As garantías anteriores actualizaraas cada cinco anos a Autoridade Portuaria, conforme a evolución acumulada do IPC xeral.

4. A constitución da garantía non supón en ningún caso que a responsabilidade da persoa titular da licenza quede limitada ao seu importe.

5. Extinguida a licenza, conforme os supostos previstos nestas prescricións particulares, levarase a cabo a devolución da garantía ou a súa cancelación, unha vez satisfeito o pagamento das obrigas pendentes coa Autoridade Portuaria e sempre que non proceda a súa perda total ou parcial por responsabilidades en que incorrese o/a prestador/a do servizo ou as penalizacións ou sancións que lle fosen impostas e non fosen abonadas.

6. O incumprimento das obrigas económicas e das condicións establecidas neste PPP por parte do/da prestador/a permitirá a execución ou disposición inmediata da garantía constituída.

7. Cando, por aplicación do disposto nos parágrafos anteriores, a Autoridade Portuaria tivese que facer uso da garantía, total ou parcialmente, o/a prestador/a virá obrigado a repor esta ou complementala no prazo de 1 (un) mes, contado desde o acto de disposición. Se a persoa interesada non restituíse ou completase a garantía no referido prazo, a Autoridade Portuaria poderá extinguir a licenza, así como emprender as accións legais que considere oportunas.

Prescrición 16ª. Penalizacións e réxime sancionador

a. Penalizacións.

1. Para garantir un correcto cumprimento destas prescricións, e sen prexuízo da sanción ou da reclamación de danos e perdas que proceden doutros dereitos e accións que correspondan á Autoridade Portuaria, esta poderá impor penalizacións por incumprimento das condicións establecidas neste PPP e dos indicadores de produtividade, rendemento e calidade expostos no presente PPP, sempre que tal incumprimento non sexa sancionado como infracción conforme o réxime sancionador da Lei de portos de Galicia.

2. A continuación, detállanse as penalizacións que se aplicarán como consecuencia do incumprimento dos seguintes indicadores:

a) Dispoñibilidade dos medios: penalización de 500 (cincocentos) euros por cada periodo de incumprimento.

b) Tempo de atraso medio: penalización de 1.000 (mil) euros por cada periodo de incumprimento.

c) Impuntualidade: penalización de 3.000 (tres mil) euros por cada periodo de incumprimento.

d) Incidentalidade: penalización de 2.000 (dous mil) euros por cada periodo de incumprimento.

e) Tempo medio de resposta a reclamacións: penalización de 1.000 (mil) euros por cada periodo de incumprimento.

3. Polo incumprimento dos prazos sinalados nas distintas epígrafes do presente PPP establecerase unha penalización de 50 (cincuenta) euros por cada día de atraso en cada un dos documentos que o/a prestador/a está obrigado/a a lle subministrar á Autoridade Portuaria.

4. Ademais, establécese unha penalización de 1.000 (mil) euros anuais por non incorporar na memoria das contas anuais a separación contable.

5. Estas penalizacións só serán de aplicación cando os incumprimentos sexan imputables ao/á prestador/a do servizo, logo de audiencia a este/a e mediante a correspondente resolución motivada, e darán dereito a que a Autoridade Portuaria incaute a cantidade correspondente da garantía, a cal deberá ser reposta polo/a prestador/a no prazo indicado neste PPP.

6. As penalizacións referidas en exclúen as indemnizacións ás cales poidan ter dereito a Autoridade Portuaria, as persoas usuarias ou terceiras polos danos ou perdas ocasionados polo/a prestador/a do servizo, nin a revogación da licenza de acordo co establecido nas prescricións deste PPP.

b. Réxime sancionador.

1. Observarase, en materia de infraccións e sancións, o disposto na Lei de portos de Galicia, demais lexislación autonómica e no artigo 19 do Regulamento (UE) nº 2017/352.

2. Para os efectos de imposición de sancións, recurso e suspensións cautelares das posibles sancións, rexerase polas reglas de procedemento administrativo común, e serán susceptibles de recorrer contra elas ante a xurisdicción contencioso-administrativa competente.

Sección V. Réxime económico do servizo

Prescrición 17ª. Tarifas pola prestación do servizo. Exercicio da potestade tarifaria, criterios de actualización e revisión

a. Exercicio da potestade tarifaria.

O exercicio da potestade tarifaria require a acreditación previa de que se dan os requisitos habilitantes para iso, en virtude do disposto no Regulamento (UE) nº 2017/352.

b. Estrutura tarifaria.

1. As tarifas, devindicadas pola prestación efectiva do servizo de amarre e desamarre portuario, comprenderán os gastos ou custos necesarios para a prestar o servizo. As devanditas tarifas serán transparentes, equitativas e non discriminatorias, tendo a consideración de máximas. O/a prestador/a publicará as súas tarifas oficiais e porá á disposición das persoas usuarias do porto información adecuada sobre a natureza e nivel conforme o establecido no artigo 15.3 do Regulamento (UE) nº 2017/352.

2. As tarifas terán, con carácter xeral, como base o sistema de medición do buque utilizado nos convenios internacionais de arqueo, actualmente o arqueo bruto ou GT, coas correccións establecidas legalmente. O arqueo dos buques medirase conforme o Convenio de Londres de 1969.

3. Así mesmo, deberá garantizarse que, no exercicio desa potestade tarifaria, as tarifas por servizos portuarios se fixen de maneira transparente, obxectiva e non discriminatoria e de forma que sexan proporcionais ao custo do servizo realmente prestado.

4. O/a cliente/a (usuario/a do porto) debe coñecer de maneira accesible, sinxela, transparente e predeterminada a tarifa aplicable, así como os criterios para a súa cuantificación e fixación.

5. Esta estrutura tarifaria será de aplicación obrigatoria e sustentarase nun estudo económico-financeiro, debidamente fundamentado e detallado, que permitirá definir as tarifas máximas do PPP.

c. Tarifas máximas.

Estas tarifas máximas serán de aplicación cando o número de prestadores do servizo estea limitado ou sexa insuficiente para garantizar a competencia, unha vez que sexan aprobadas polo Consello Reitor de Portos de Galicia conforme o disposto na Lei de portos de Galicia.

d. Criterios de actualización de tarifas.

A) Criterios de actualización de tarifas máximas:

1. Portos de Galicia actualizará as tarifas máximas como consecuencia exclusivamente das variacións de custos que se puidesen producir conforme os criterios indicados nesta epígrafe.

2. Conforme o establecido na Lei 2/2015, de desindexación da economía española, e no Real decreto 55/2017, que a desenvolve, estas actualizacións terán carácter de revisión periódica non predeterminada.

3. Para realizar estas actualizacións, teranse en conta os seguintes índices de variación de prezos obxectivos e públicos dos elementos de custo máis significativos do servizo:

a) Índice de variación do prezo do custo laboral:

i. Con base nos datos publicados polo INE no seu punto «50. Transporte marítimo e por vías navegables interiores», considerando a media dos últimos catro trimestres respecto da media dos trimestres 5 a 8 anteriores.

ii. O incremento repercutible polos custos de man de obra non poderá ser maior do incremento experimentado pola retribución do persoal ao servizo do sector público, conforme as leis de orzamentos xerais do Estado.

iii. O peso deste factor de custo laboral respecto do custo total que resultou da estructura de custos analizada para a determinación das tarifas é de 0,76.

b) Índice de variación do prezo do combustible utilizado polas embarcacións:

i. Tomarase como referencia o índice de variación do prezo do gasóleo de automoción publicado polo ministerio competente en materias de enerxía nos seus informes anuais denominados «Prezos carburantes. Comparación 20XX-20XX» ou informe similar que os substitúa.

ii. O peso do custo do combustible na estrutura de custos do servizo é de 0,02.

c) Índice de variación do prezo das operacións de mantemento e reparacións no sector naval:

i. Obterase da variación anual do índice «3315: reparación e mantemento naval», publicado polo INE na epígrafe «Índice de prezos industriais».

ii. O peso dos custos de mantemento e reparacións respecto dos custos totais da estrutura de custos do servizo é de 0,02.

d) Índice de variación anual do prezo dos seguros:

i. Obterase da variación anual do índice «Seguros relacionados co transporte», publicado polo INE na epígrafe «Índice de prezos de consumo».

ii. O peso do custo dos seguros respecto dos custos totais da estrutura de custos do servizo é de 0,01.

e) Parte do índice de invariable: considérase que existe unha parte equivalente ao 0,19 do índice que se mantén invariable, ao corresponder con amortizacións e elementos de custo non actualizable.

4. Todos os índices de prezos que se utilicen corrixiranse excluíndo as variacións impositivas, no caso de que existan.

5. No caso de que non se empregue esta metodoloxía de actualización, a actualización das tarifas máximas considerarase revisión extraordinaria, e realizaranse con idénticos trámites que os seguidos para a aprobación deste PPP.

6. En cumprimento do establecido no Real decreto 55/2017, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, de desindexación da economía española, o expediente de actualización de tarifas máximas debe incluír unha memoria xustificativa para cuxa elaboración o/a prestador/a deberá achegarlle a Portos de Galicia a información necesaria.

B) Revisión extraordinaria.

Cando os ingresos percibidos polos servizos de practicaxe ou servizos auxiliares a estes sexan inferiores ao 50 % do valor do contrato, permitiráselle ao/á prestador/a do servizo solicitar o reequilibrio tarifario para adaptarse á situación sobrevinda ou a renuncia da prestación. A devandita comunicación de renuncia, de producirse, farase con 3 meses de antelación.

Prescrición 18ª. Tarifas por intervención en situacións de emerxencias, operacións de salvamento, extinción de incendios ou loita contra a contaminación

1. As intervencións directas en resposta a solicitudes da autoridade competente en situacións de emerxencias, operacións de salvamento, extinción de incendios ou loita contra a contaminación que ocasionen custos puntuais identificables darán lugar ao pagamento das tarifas indicadas a seguir:

a. Cada embarcación adscrita ao servizo, coa súa tripulación correspondente: 360 €/hora.

b. Cada vehículo adscrito ao servizo, con dous amarradores: 150 €/hora.

c. Por intervención de amarrador/a suplementario/a: 60 €/hora.

d. Cerco anticontaminante de 250 m, incluída a súa extensión, retirada e limpeza: 1.000 €/día.

2. Para estes efectos, considerarase como inicio de servizo o posicionamento dos medios materiais ao costado do buque ou no punto de intervención na emerxencia, e como fin do servizo a orde dada pola Autoridade competente de fin da operación.

3. Todo iso sen prexuízo do que for de aplicación en virtude do sinalado no capítulo III (Do salvamento) da Lei 14/2014, do 24 de xullo, de navegación marítima, e na Lei 60/1962, de auxilios e salvamentos, sen que se poida producir o cobramento duplicado das intervencións.

4. A esta tarifa aplicaráselle a mesma actualización que se lles aplique ás tarifas máximas por concepto de variación de custos.

5. A participación en simulacros e exercicios, cun máximo de 2 anuais, non xerará cargo ningún para a Autoridade Portuaria.

Prescrición 19ª. Suspensión temporal do servizo a unha persoa usuaria

1. O/a prestador/a do servizo poderá suspender temporalmente a prestación a unha persoa usuaria cando transcorrese polo menos un mes desde que se lle requira o pagamento das tarifas sen que este se fixese efectivo ou fose garantido específica e suficientemente. O requirimento practicarao o/a prestador/a acredor/a por calquera medio que permita ter constancia por parte do/da usuario/a do acto e da data de recepción.

2. A suspensión do servizo por impagamento só poderá exercerse logo de autorización da Autoridade Portuaria e sempre que non o impidan razóns de seguridade.

3. A Autoridade Portuaria resolverá sobre a suspensión no prazo máximo de quince días desde a solicitude do/da prestador/a e poderá acordar, ata a resolución que ditamine a suspensión do servizo, a constitución por parte da persoa usuaria dun depósito previo e específico que garanta a contía das tarifas que se deberán devengar.

4. A posibilidade de suspensión deberá ser obxecto de publicidade, de modo que a persoa usuaria poida ter acceso a esta información.

5. Unha vez realizado o pagamento do que deba a usuaria suspendida do servizo, este renovarase en condicións de normalidade.

6. Informarase da suspensión do servizo a Capitanía Marítima.

Sección VI. Entrada en vigor, reclamacións e recursos

Prescrición 20ª. Entrada en vigor destas prescricións particulares

Este prego de prescricións particulares será de aplicación aos tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Prescrición 21ª. Reclamacións e recursos

1. Calquera persoa interesada poderá presentar as reclamacións que considere, conforme o procedemento de tramitación de reclamacións que se determine.

2. Contra o presente prego poderanse interpor as accións legais oportunas, de conformidade co ordenamento xurídico vixente. Se o órgano ao cal se recorre non ten carácter xurisdicional, este motivará por escrito as súas decisións.

3. Conforme o establecido no artigo 16.7 do Regulamento (UE) nº 2017/352, o procedemento para tramitar as reclamacións e recursos por supostos incumprimentos do devandito regulamento será o procedemento contencioso-administrativo regulado pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. As autoridades competentes para resolver as devanditas reclamacións son os órganos xurisdicionais da orde contencioso-administrativa.

ANEXO I

Prego de cláusulas particulares de prestación do servizo portuario de practicaxe e amarre nos portos de Cee, Laxe e Corcubión e Sada

Artigo 1. Obxecto e fundamento legal

O obxecto do presente prego de cláusulas particulares (en diante, PCP) é a regulación do otorgamiento de licenzas e da prestación do servizo técnico-náutico de practicaxe portuario nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada (A Coruña), xestionado pola Autoridade Portuaria da Xunta de Galicia, entidade pública empresarial Portos de Galicia (en diante, Autoridade Portuaria), conforme o Regulamento (UE) nº 2017/352 (coa excepción do capítulo II e o artigo 21, que non son de aplicación ao servizo de practicaxe) e en virtude do disposto nos artigos 116, 119 e concordantes da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Conforme o anterior, neste prego recóllense as condicións particulares con que debe prestarse o servizo portuario especial de practicaxe, mediante licenza, nos portos mencionados, así como os procedementos de control da súa prestación e os sancionadores, nos termos previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, o no Regulamento xeral de practicaxe (RD 393/1996, do 1 de marzo), e no prego de condicións xerais de practicaxe elaborado polo ente público Portos de Galicia.

También é o seu obxecto regular o servizo portuario especial de amarre, cuxas prescricións específicas se recollen no clausulado anexo deste prego, para o mesmo ámbito xeográfico, nos termos previstos no artigo 115 e seguintes da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Artigo 2. Requisitos de capacidade persoal e solvencia profesional

Poderán ser prestadoras dos servizos especiais as persoas xurídicas españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, salvo nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non exixan o devandito requisito, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en causa de incompatibilidade nin en causa de prohibición para contratar coas administracións públicas e así o acrediten, nos termos previstos neste prego regulador do servizo.

Os solicitantes manteranse ao día no cumprimento das obrigas fiscais, laborais e de seguridade social, tanto no momento da solicitude como durante todo o período de duración da licenza, e así o deberán acreditar ante a Autoridade Portuaria.

As autorizacións poderán ser transmitidas, logo de autorización de Portos de Galicia, sempre que se fagan a favor dunha persoa xurídica que cumpra os requisitos previstos nesta epígrafe, e que as persoas que realizan a transmisión e as adquirentes cumpran os requisitos establecidos nas prescricións reguladoras do servizo. A transmisión terá, respecto aos contratos de traballo do persoal ao servizo da persoa titular da autorización, os efectos previstos na lexislación e convenios laborais.

Como requisito de solvencia profesional, o persoa solicitante deberá acreditar que o servizo será realizado por prácticos debidamente habilitados pola Administración competente e contar coa habilitación profesional e colexiación que legalmente resulte exixible.

Artigo 3. Requisitos de solvencia

Solvencia económica:

Exixiráselles ás empresas solicitantes, como condición de solvencia económica, que conten, polo menos, cun 10 % de fondos propios con respecto ao investimento que deberán realizar ou da súa facturación anual prevista, que será debidamente xustificada na solicitude e que deberá axustarse ao establecido na cláusula de medios materiais e humanos. Este requisito acreditarase polos medios seguintes:

Xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais cuxa contía será de 120.000,00 €, nos termos que se concretan no artigo quince.

Declaración relativa á cifra de negocios global e, de ser o caso, dos servizos de practicaxe prestados pola empresa nos tres últimos anos.

Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilitar as referencias solicitadas, poderá acreditar a súa solvencia económica con calquera outra documentación considerada como suficiente por Portos de Galicia.

Ao non afectar o prazo da autorización, non é preciso definir o investimento significativo no servizo portuario de practicaxe.

Segundo o artigo 123 da LPG, as persoas titulares de autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiais deberán levar, para cada un dos servizos que presten, unha estrita separación contable conforme os usos e prácticas comerciais admitidos, entre os devanditos servizos e actividades e aqueles que presten fóra do ámbito portuario.

Xustificante da existencia dun seguro de continxencias profesionais que cubra a incapacidade, temporal ou permanente do/da práctico/a titular ata 1 ano de servizo polo importe que garanta o salario e as obrigas tributarias e de seguridade social daquel.

Solvencia técnica e profesional.

A solvencia técnico-profesional do/da solicitante quedará acreditada tendo en conta a súa capacidade para a prestación do servizo nas condicións establecidas na Lei 6/2017, de portos de Galicia, no que resulte de aplicación, no texto refundido da Lei de portos do Estado e a mariña mercante e nestas prescricións particulares:

a) Cando a empresa acredite, segundo o indicado neste prego, dispor dos medios humanos establecidos e que estes teñen a cualificación profesional exixida reglamentariamente (coa condición da carencia de 6 meses na obtención das habilitacións, que se mencionarán na súa epígrafe correspondente).

b) Cando a empresa acredite, segundo o indicado neste prego, dispor dos medios materiais exixidos e demostre a súa capacidade para manter os devanditos equipamentos nas condicións exigidas neste prego para prestar o servizo.

Artigo 4. Condicións para prestar o servizo de practicaxe

As seguintes normas serán de obrigado cumprimento para a prestar os servizos de practicaxe de entrada, saída, movementos interiores e practicaxe voluntaria nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

1. O servizo de practicaxe prestarase a bordo dos buques, dentro dos límites xeográficos especificados no prego de cláusulas particulares, e incluiranse nel as instrucións impartidas polo/a práctico/a desde o momento en que parta da estación de practicaxe, para velar pola seguridade da navegación, dos buques, das súas tripulacións, das instalacións portuarias e dos usuarios do servizo, así como para unha boa operativa portuaria e a protección do ambiente mariño.

2. O/a práctico/a asegurarase, antes de comezar unha manobra, de que todos os elementos de seguridade e asistencia, cos que debe contar para realizar a devandita manobra, se encontran á disposición do buque e de que as condicións meteorolóxicas permiten a execución da devandita manobra.

Entre os elementos de seguridade e asistencia encontránse o sistema de balizamento do porto, o cal depende de tres entidades diferentes.

En caso de non ser posible a execución da manobra con seguridade, cancelarase e avisarase, de ser o caso, o organismo responsable do mantemento do elemento fóra de servizo e a Capitanía Marítima da Coruña para que suspenda o servizo de practicaxe no porto durante as horas nocturnas, por seguridade da navegación, ata que se restableza o servizo.

3. O/a práctico/a debe dar conta de forma inmediata á Capitanía Marítima e a Portos de Galicia de calquera suceso que se produza con motivo da prestación do servizo de practicaxe e que afecte, ou poida afectar, a seguridade marítima, a seguridade da vida humana na mar ou ao ambiente mariño. Inclúense entre os devanditos sucesos as deficiencias observadas e as anomalías detectadas nos buques durante as manobras de entrada e saída de porto o as manobras náuticas dentro del.

4. A orden, de prestación do servizo no porto atenderá en primeiro lugar a criterios de seguridade e en segundo lugar, á eficiencia, isto é, se hai que facer una manobra de entrada e unha de saída, realizase primeiro a de saída e despois a de entrada, sempre que as condicións meteorolóxicas e de marea o permitan, pero valorarase caso por caso a orde de execución das manobras.

Artigo 5. Horario de prestación do servizo de practicaxe e cobertura universal

O servizo de practicaxe nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada estará dispoñible para prestar o servizo as vinte e catro horas do día durante todos os días do ano.

O prestador do servizo deberá adoptar as medidas oportunas para garantir a prestación do servizo no horario indicado no parágrafo anterior.

O/a prestador/a do servizo estará obrigado a atender toda demanda razoable en condicións non discriminatorias.

Con todo, o/a prestador/a do servizo poderá suspender temporalmente a prestación a un/unha usuario/a por impagamento reiterado de servizos anteriores, con notificación da adopción desta medida a Portos de Galicia e sempre que non quede comprometida a seguridade marítima.

Artigo 6. Límites e zonas do servizo de practicaxe e puntos de embarque e desembarque do/da práctico/a

As zonas de practicaxe dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada, os seus límites e os puntos de embarque e desembarque do/da práctico/a serán os recollidos nas cartas náuticas que como anexo I se xuntan con este prego.

Estos puntos poderán ser, excepcionalmente, modificados pola Capitanía Marítima en razón de extraordinarias circunstancias de seguridade.

Artigo 7. Solicitude do servizo

As solicitudes do servizo de practicaxe efectuaranas os consignatarios ou armadores da seguinte maneira, sen prexuízo da forma que con posterioridade poida fixarse entre a Capitanía Marítima e Portos de Galicia.

Entrada.

Con independencia das comunicacións que o/a consignatario/a ou armador/a deberá manter con Portos de Galicia e coa Capitanía Marítima correspondente, os consignatarios ou armadores quedan obrigados a comunicarlle ao práctico/a a chegada dos buques ao porto o antes posible, confirmando o ETA/ETB con 48 horas de antelación mínima, e ratificándoa con 6 horas. Con esta información, o anuario de mareas e a previsión meteorolóxica, establécese a hora de embarque do/da práctico/a (PBT).

Corenta e cinco minutos antes da hora establecida para o embarque do/da práctico/a, este/a contactará co buque en VHF canle 12, e daralle instrucións para a colocación da escala de embarque de práctico/a e o seu punto de embarque, así como a confirmación da hora de embarque.

O/a práctico/a subirá a bordo do buque no punto de embarque de práctico, indicado no artigo 4. En caso de que as condicións meteorolóxicas non lle permitan o embarque, o/a práctico/a asesorará ao/á capitán/á desde a embarcación de prácticos ata o lugar e momento en que poida efectualo, circunstancia que se fará constar na folla de servizo.

En caso de que non sexa posible en ningún punto o embarque do/da práctico/a, o buque permanecerá en navegación á espera da melloría do tempo.

En caso de discrepancia profesional entre o/a práctico/a e Portos de Galicia en materia de seguridade marítima, será competencia da Autoridade Marítima a decisión sobre a posibilidade de realizar en condicións aceptables as operacións de practicaxe ou sobre as condicións da súa realización.

Saída e manobras interiores:

O/a consignatario/a confirmaralle ao práctico/a a hora de saída ou de inicio da manobra interior acordada, cunha antelación mínima de seis horas. Estableceuse previamente unha hora de saída en función da hora de remate das operacións de carga/descarga e das condicións meteorolóxicas.

O/a práctico/a desembarcará no punto de desembarque indicado no artigo 4 ou no punto onde deixe o buque en franquía, logo de indicación do/da seu/súa capitán/á, facendo constar tal incidencia na folla de servizo. En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan o desembarque do/da práctico/a nos puntos indicados, poderá, de acordo co/coa capitán/á, impartirlle as instrucións necesarias para deixar o buque en franquía e desembarcar antes, e continuará o asesoramento do/da capitán/á desda embarcación de prácticos ata deixar o buque en franquía, circunstancia que se fará constar na folla de servizo.

Durante o tempo que o buque permaneza no interior das augas portuarias, o único representante autorizado daquel para solicitar a realización das manobras portuarias de practicaxe é o armador do buque ou os seus representantes (capitán/á e consignatario/a).

En situacións de emerxencia que afecten a seguridade, a asistencia do/da práctico/a poderá ser requirida polo/a capitán/á marítimo ou polo propio/a capitán/á do buque.

Artigo 8. Conceptos tarifarios obxecto da facturación dos servizos de practicaxe e amarre

Defínense a continuación os conceptos tarifarios correspondentes aos servizos de practicaxe. Practicaxe de entrada: mar a peirao de atracada. Practicaxe de saída: peirao de atracada a mar.

Movementos interiores: son os que teñen lugar dentro dos límites da zona de servizo de practicaxe.

Mediante resolución da Capitanía Marítima, as emendadas poderán ser realizadas pola propia tripulación do buque se son inferiores a unha eslora, ata un máximo de 100 metros, e atendendo ademais a certas condicións meteorolóxicas e técnicas. Se a emendada é superior a unha eslora ou é de máis de 100 metros, é obrigatorio utilizar o servizo de amarradores portuarios e se a emendada é superior a dúas esloras ou superior a 200 metros, require a desatracada do buque ou a utilización da súa máquina principal ou remolcador, será necesario, ademais utilizar o servizo de practicaxe.

No caso de utilización do servizo de amarre, facturarase polo traballo realmente realizado, isto é, un desamarre más un amarre.

Artigo 9. Facturación do servizo

As tarifas correspondentes aos servizos de practicaxe son as aprobadas anualmente por Portos de Galicia. As tarifas facturaranse en función do arqueo ou GT dos buques, medido conforme o Convenio internacional do 23 de xuño de 1969, sobre arqueo de buques, feito en Londres. Os custos de practicaxe de entrada e de saída son idénticos.

O importe das manobras náuticas no interior do porto recóllense, así mesmo, no devandito anexo.

As tarifas de practicaxe comprenden, ademais do custo dos servizos profesionais do/da práctico/a, a subministración das informacións necesarias para a correcta realización do servizo.

O/a prestador/a do servizo de practicaxe recollerá nun libro de rexistro o sistema informático con garantías equivalentes, autorizado polo ente público Portos de Galicia, as características que definan o servizo prestado e as necesarias para determinar a súa facturación, así como calquera incidencia producido durante a prestación do servizo.

Forma de facturación.

A facturación e o control dos servizos de practicaxe realizaranse conforme as tarifas anuais aprobadas por Portos de Galicia que garantan a correcta correlación entre o servizo prestado e a facturación realizada, así como a obtención de suficiente información para os efectos estatísticos.

Forma de aboamento.

O/a prestador/a do servizo de practicaxe facturaralle directamente aos consignatarios os importes do servizo de cada buque.

O/a prestador/a do servizo deberá proporcionarlle a Portos de Galicia trimestralmente os datos relativos aos servizos prestados, no formato que determine Portos de Galicia, co fin de posuír a información que lle permita controlar e planificar adecuadamente o servizo e introducir as melloras oportunas.

Portos de Galicia poderá inspeccionar, cando o considere oportuno, a documentación respecto á prestación do servizo indicada no presente prego, e será obxecto de sanción se non se achega.

Artigo 10. Atrasos, cancelacións e outras situacións

Anulacións e atrasos debidos ao buque:

Os capitáns están obrigados a ter o buque listo para o inicio das manobras á hora fixada na súa petición do servizo.

Se se atrasa o inicio das manobras, por causas imputables ao buque/capitán/á, serán de aplicación as seguintes recargas:

– Os primeros 30 minutos non serán obxecto de recarga.

– O atraso superior a 30 minutos e ata unha hora devindicará unha recarga do 50% sobre a tarifa correspondente (tarifa base + recargas por nocturnidade/festivo correspondente).

– O atraso superior a unha hora devindicará unha recarga do 100 % sobre a tarifa correspondente (tarifa base + recargas por nocturnidade/festivo correspondente).

O/a capitán/á do buque decidirá a permanencia ou non do/da práctico/a a bordo se existise demora. Con todo, o/a práctico/a poderá decidir non permanecer a bordo do buque por razóns xustificadas do servizo cando se atrase a operación máis de 45 minutos. Enténdese nestes casos que o desembarque do/da práctico/a supón a obrigatoriedade de solicitar novamente o servizo.

Se o/a representante do buque ou o/a capitán/á cancelan un servizo xa solicitado, dará lugar ás seguintes recargas e modificacións:

• Se a cancelación da manobra se realizan dentro da hora anterior á solicitada inicialmente para o comezo da manobra, facturarase o 100 % da tarifa correspondente (tarifa base + recargas por nocturnidade/festivo correspondente).

Para cancelacións efectuadas entre unha hora e dúas horas antes da hora solicitada inicialmente para o comezo da manobra, facturarase o 50 % da tarifa correspondente (tarifa base + recargas por nocturnidade/festivo correspondente).

• Non serán obxecto de recarga as modificacións sobre a hora de inicio dun servizo xa solicitado e realizadas cunha antelación superior a dúas horas.

Estas recargas serán de aplicación sempre e cando non obedezan a circunstancias ou condicións meteorolóxicas de excepción recoñecidas pola Capitanía Marítima.

Atrasos debidos ao prestador do servizo:

O tempo máximo de resposta para prestar un servizo de practicaxe será de 30 minutos, contados desde a hora prevista para que o/a práctico/a suba a bordo do buque no lugar sinalado.

Os atrasos sobre o inicio da prestación real do servizo que superen a hora fixada nun período de tempo superior a 30 minutos deberán ser debidamente xustificados.

En todo caso, o atraso en presentarse o/a práctico/a a bordo do buque ou iniciar a prestación dos servizos, respecto da hora solicitada, por causa imputable ao prestador do servizo, dará lugar a unha redución das correspondentes tarifas nas seguintes contías:

– Os primeros 30 minutos non serán obxecto de redución ningunha.

– Entre 30 minutos e unha hora de espera: unha redución dun 25 % sobre a tarifa aplicable.

– Entre unha hora e dúas horas de espera: unha redución dun 50 % sobre a tarifa aplicable.

– A partir da segunda hora de espera: unha redución dun 100 % sobre a tarifa aplicable.

A xustificación de atrasos aducindo condicións meteorolóxicas de excepción deberá ser certificada pola Capitanía Marítima.

Buques sen medios de propulsión:

Terán unha recarga do 100 % as tarifas correspondentes aos servizos realizados a todo buque coa súa propulsión ou goberno fóra de servizo (exceptúanse as horas de posta á disposición ou espera).

Artigo 11. Garantía de cobramento dos importes de practicaxe

Se algún buque ou consignatario/a non aboase a facturación dos servizos de practicaxe ou se demorase no seu pagamento, sempre e cando as facturas se tramitasen correctamente, o/a prestador/a do servizo porao en coñecemento do ente público Portos de Galicia para que este tome as determinacións que correspondan, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo das accións legais que o/a prestador/a do servizo considere oportuno emprender.

En caso de impagamento non xustificado dos servizos prestados, o/a prestador/a do servizo, logo de conformidade de Portos de Galicia, poderá exixir o pagamento por adiantado.

Artigo 12. Outras recargas autorizadas

Non existe ningún outro tipo de recarga autorizada diferente das citados no artigo 8 do presente prego, excepto a recarga polos servizos prestados en horario considerado nocturno, días festivos ou domingos.

Calquera gasto ou actividade prestados en relación co servizo de practicaxe no ámbito do porto, tales como desprazamentos, subministracións de información, instrucións de fondeadura exterior, comunicacións, etc., están comprendidos nas tarifas aprobadas.

Artigo 13. Actualización de tarifas e compensación máxima. Criterios de actualización de tarifas

1. Criterios de actualización de tarifas máximas:

1.1. Portos de Galicia actualizará as tarifas máximas como consecuencia exclusivamente das variacións de custos que se poidan producir conforme os criterios indicados neste punto.

1.2. Conforme o establecido na Lei 2/2015, de desindexación da economía española, e no Real decreto 55/2017, que a desenvolve, estas actualizacións terán carácter de revisión periódica non predeterminada.

1.3. Para realizar estas actualizacións, teranse en conta os seguintes índices de variación de prezos obxectivos e públicos dos elementos de custo más significativos do servizo:

1.3.1. Índice de variación do prezo do custo laboral:

1.3.1.1. Con base nos datos publicados polo INE no seu número «50. Transporte Marítimo e por vías navegables interiores», considerando a media dos últimos catro trimestres respecto da media dos trimestres 5 a 8 anteriores.

1.3.1.2. O incremento repercutible polos custos de man de obra non poderá ser maior do incremento experimentado pola retribución do persoal ao servizo do sector público, conforme as leis de orzamentos xerais do Estado.

1.3.1.3. O peso deste factor de custo laboral respecto do custo total que resultou da estrutura de custos analizada para determinar as tarifas é de 0,76.

1.3.2. Índice de variación do prezo do combustible utilizado polas embarcacións:

1.3.2.1. Tomarase como referencia o índice de variación do prezo do gasóleo de automoción publicado polo ministerio competente en materias de enerxía nos seus informes anuais denominados «Prezos carburantes. Comparación 20XX-20XX» ou informe similar que o substitúa.

1.3.2.2. O peso do custo do combustible na estrutura de custos do servizo é de 0,02.

1.3.2.3. Índice de variación do prezo das operacións de mantemento e reparacións no sector naval:

1.3.2.3.1. Obterase da variación anual do índice «3315. Reparación e mantemento naval» publicado polo INE na epígrafe «Índice de prezos industriais».

1.3.2.3.2. O peso dos custos de mantemento e reparacións respecto dos custos totais da estrutura de custos do servizo é de 0,02.

1.3.2.4. Índice de variación anual do prezo dos seguros:

1.3.2.4.1. Obterase da variación anual do índice «Seguros relacionados co transporte» publicado polo INE na epígrafe «Índice de prezos de consumo».

1.3.2.4.2. O peso do custo dos seguros respecto dos custos totais da estrutura de custos do servizo é de 0,01.

1.4. Todos os índices de prezos que se utilicen corrixiranse excluíndo as variacións impositivas, en caso de que existan.

1.4.1.1. Parte do índice de invariable: considérase que existe unha parte equivalente ao 0,19 do índice que se mantén invariable, ao corresponder con amortizacións e elementos de custo non actualizables.

1.5. En caso de que non se empregue esta metodoloxía de actualización, a actualización das tarifas máximas considerarase revisión extraordinaria, e realizaranse con idénticos trámites que os seguidos para a aprobación deste PPP.

1.6. En cumprimento do establecido no Real decreto 55/2017, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, de desindexación da economía española, o expediente de actualización de tarifas máximas debe incluír unha memoria xustificativa para cuxa elaboración o/a prestador/a deberá achegar a Portos de Galicia a información necesaria.

2. Compensacións.

A compensación máxima nos 5 primeros anos será de 170 mil euros actualizables segundo as condicións citadas antes.

Artigo 14. Persoal e medios utilizados na prestación

O/a prestador/a do servizo disporá en todo momento de persoal coa idoneidade técnica e provisto da debida habilitación para prestar o servizo de practicaxe.

Así mesmo, disporá en todo momento de persoal auxiliar con idoneidade técnica e en número suficiente para atender os servizos que constitúen a actividade normal do porto, así como dos medios técnicos adecuados e suficientes para lograr un nivel de calidade na súa prestación.

Os medios marítimos que utilice o servizo de practicaxe, e o sistema co cal o buque facilite o embarque e o desembarque do/da práctico/a, deberán reunir as condicións de seguridade que estableza a normativa vixente e de idoneidade requirida para lograr un bo nivel de calidade na súa prestación.

1. Persoal.

Profesional práctico prestador do servizo (1), con dispoñibilidade e contratación ao 100 % da xornada habilitado e nomeado para os portos de referencia.

Profesional patrón de embarcación de practicaxe (1) con dispoñibilidade e contratación ao 100 % da xornada.

Profesional de mariñeiría (1) con dispoñibilidade e contratación ao 100 % da xornada.

Os medios adicionais para os servizos de amarre poderán ser contratados, con carácter temporal e por xornadas reducidas ou horas.

O profesional práctico comprométese a prestar os seus servizos profesionais e é o responsable da coordinación dos traballos e da súa facturación, así como do traslado dos datos requiridos por Portos de Galicia.

O profesional patrón de embarcación de practicaxe e o profesional de mariñeiría para o servizo de practicaxe, así como os medios humanos para o amarre, poderán ser achegados pola persoa física ou xurídica que constitúa a práctica, ou ben achegados por terceiros en réxime de subcontratación en dependencia da profesional prestadora e responsable do servizo.

O/a prestador/a garantirá a efectiva prestación do servizo poñendo á disposición todos aqueles medios humanos que como persoa física ou xurídica sexan necesarios para o obxecto deste prego, e asumirá a responsabilidade da súa xestión.

2. Medios materiais e equipamentos utilizados.

A disposición dos medios materiais (embarcación e medios de seguridade), os seus gastos correntes e o seu mantemento poderán ser dispostos pola persoa física ou xurídica que preste o contrato de servizos, ben directamente ou ben mediante acordos, contratos ou pactos con terceiros en réxime de subcontratación en dependencia da profesional prestadora e responsable do servizo.

Igualmente, os medios auxiliares necesarios para posibles desprazamentos (vehículos e combustible), tratamento de información (computadores e teléfonos) e demais medios poderán ser dispostos pola persoa física ou xurídica que preste o contrato de servizos, ben directamente ou ben mediante acordos, contratos ou pactos con terceiros en réxime de subcontratación en dependencia da profesional prestadora e responsable do servizo.

Medios materiais e equipamentos utilizados:

1.1. Vehículo para servizo do/da práctico/a.

1.2. Embarcación de prácticos cunhas características mínimas: eslora: 9,00 metros. Motor propulsor con potencia de 140 kW:

– Casco reforzado con cinto en toda a súa eslora para poder abarloarse aos buques sen sufrir danos.

– Cuberta antiesvaramento, libre de obstrucións que dificulten o desprazamento desde a ponte ata o punto de embarque e varanda que proporcione barra de apoco ao/á práctico/a nese percorrido.

– A ponte de navegación deberá ter visibilidade máxima en sentido horizontal, cubrindo en todo caso a área de embarque (proa da ponte) e os ambos costados, co fin de que o/a patrón/oa teña unha visión directa tanto de toda manobra de embarque e desembarque do/da práctico/a, como da navegación. Igualmente, deberá ter visibilidade vertical suficiente que permita a visión do/da práctico/a, por parte do/da patrón/oa, durante o embarque e desembarque no buque.

– Dotado cun sistema para a limpeza ou desembarazado dos cristais. O devandito sistema poderá consistir nunha vista clara, limpaparabrisas de vasoiriñas, resistencias eléctricas, sistemas de circulación de aire quente ou mecanismos similares.

– Defensas adecuadas.

– A embarcación, independentemente do seu tamaño, cumprirá co reflectido no Regulamento internacional para previr as abordaxes no mar no referente a luces, marcas e sinais acústicos.

1.3. Equipamentos:

– 2 VHF portátil intrinsecamente seguro, con cargador e batería. Para traballo, un para o/a práctico/a e outro para o/a mariñeiro/a-amarrador/a.

– VHF 25W/1W.

– GPS plóter.

– Radar ecosonda.

– VHF portátil (emerxencia-GMDSS).

– Compás magnético.

– Proxector de procura.

– Escala de rescate de home á auga.

– Material de salvamento para 6 persoas.

– Motobomba contra incendios.

– Defensas perimetrais de goma.

Os medios relacionados enúncianse a título de exemplo, e poden ser similares ou análogos sempre que se respecte ou mellore a eslora, potencia ou parámetro de referencia do medio achegado. En caso de urxente necesidade, por mantemento ou avaría sobrevinda deles, poderán ser puntualmente substituídos por outros que, sen cumpliren aqueles parámetros, garantan a prestación do servizo con plena seguridade. A substitución dos medios relacionados por outros, aínda mellores, non poderá supor modificación das tarifas que deberá cobrar o/a práctico/a.

Artigo 15. Seguro de responsabilidade civil

Ao abeiro no artigo 120.1.p) da Lei 6/2017, de portos de Galicia, e en cumprimento do disposto no artigo 281 do RDL 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e no artigo 24 do RD 393/1976, polo que se aproba o Regulamento xeral de practicaxe, o/a adxudicatario/a deberá ter cuberta a súa responsabilidade civil en que poida incorrer na prestación do servizo de practicaxe nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

O importe deberá de ser de polo menos unha contía que cubra a responsabilidade civil do maior buque que visitase o porto nos últimos cinco anos. Estímase que o arqueo máximo deste tipo de buques non superará en ningún caso os 6000 GT, de modo que, aplicando a limitación legal de responsabilidade do/da práctico/a, 20 €/GT, resultaría unha contía máxima de 120.000 €.

O/a prestador/a do servizo deberá xustificar a Portos de Galicia a concertación do devandito seguro con anterioridade á iniciación da prestación dos servizos e o seu mantemento anual.

Será por conta do empresario o custo destes seguros, e deberá xustificar cando se lle requira que se encontra ao día no pagamento das primas.

Artigo 16. Obrigas de servizo público relacionadas cos labores de salvamento, seguridade do porto e loita contra a contaminación

O/a prestador/a do servizo especial de practicaxe e amarre estará obrigado, sempre de acordo coas súas capacidades e coa limitación do pleno respecto á normativa sobre prevención de riscos laborais e normas complementarias, a participar en operacións relacionadas con labores de salvamento, seguridade do porto e loita contra a contaminación, cando sexa requerido para iso pola autoridade competente.

As devanditas labores e, en xeral, as actividades que ocasionen custos puntuais identificables darán lugar ao pagamento das tarifas do anexo II se se realizasen operacións de practicaxe, amarre ou movemento, ou devindicará un importe específico acordado entre as partes para o resto de actividades.

Artigo 17. Formación e período de prácticas

O prestador do servizo de practicaxe estará obrigado a prestar labores de titoría e formación dos titulares de novas habilitacións de práctico/a nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada, de acordo coa lexislación nesta materia vixente en cada momento, e mentras estea en posesión da licenza.

O/a práctico/a titular comprométese a dar formación e prácticas seis meses, e prorrogable ata 12 meses, sen custo ningún, se o seu novo posto de traballo llo permite.

No caso de non ter dispoñibilidade o/a práctico/a, o/a prestador/a do servizo asumirá a devandita obriga, e realizarao baixo as condicións impostas polas capitanías marítimas e garantizando en todo momento a efectiva prestación do servizo.

Artigo 18. Prestación do servizo de practicaxe

O presente prego de cláusulas particulares formará parte obrigatoria da licenza que outorgue Portos de Galicia ao prestador do servizo de practicaxe nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

Artigo 19. Prazo da licenza

O prazo de vixencia da licenza para a prestación do servizo será de 5 anos, e non excederá en ningún caso os 11,25 anos indicados na lei, por estar limitada a concorrencia a un único prestador ou corporación.

En todo caso, o/a prestador/a saínte estará obrigado á ordenada transición da prestación do servizo que permita garantir este.

Duración do contrato con garantía:

A duración do contrato será de cinco (5) anos a partir da súa sinatura.

Artigo 20. Causas de extinción da licenza

Poderán ser causas de extinción, de conformidade co establecido no artigo 122 LPG:

1. O vencemento do prazo de vixencia previsto na autorización.

2. A revogación por perda ou incumprimento dos requisitos previstos para poder acceder a prestar o servizo, ou a non adaptación ás prescricións reguladoras do servizo cando sexan modificadas.

3. A resolución por incumprimento das condicións do prego regulador do servizo e da autorización que se definan como esenciais nos devanditos documentos.

4. A extinción da autorización ou concesión, da autorización ou ocupación do dominio público portuario que se precise para a prestación do servizo ou do contrato a que se refire o artigo 116.7.

5. O non acordo no mecanismo de modificación extraordinaria de tarifas.

6. Polas demais causas previstas nos pregos reguladores do servizo e nas leis.

Artigo 21. Sancións por deficiente prestación do servizo ou incumprimentos

A corporación e os seus integrantes profesionais responsabilizaranse de todos aqueles danos e perdas causados por un déficit do servizo ou das súas prestacións.

Así mesmo, serán obxecto de sanción as condutas de incumprimento das obrigas formais deste prego, en particular as que supoñan ocultación ou falseamento da documentación necesaria para o control da licenza, e poderán supoñer sancións desde a centésima á décima parte do estimado de ingresos anuais ou dos ingresos do ano anterior e a acumulación de ata o quíntuplo da cantidad defraudada.

Artigo 22. Condicións económicas. Custos estimados e compensación máxima do servizo

O custo do contrato de servizo estímase en 170.200 € (IVE incluído), que será, así mesmo, a compensación máxima do servizo.

Os ingresos que servirán para soportar e equilibrar os custos mencionados provirán das tarifas e das achegas adicionais provenientes de Portos de Galicia.

As tarifas para devindicar aos usuarios serán as do presente prego e aplicaraas e ingresaraas ao seu favor o/a profesional de practicaxe, tanto para a practicaxe como para o amarre.

Para os efectos da regularización das achegas económicas que deberá realizar Portos de Galicia, o/a dito/a profesional liquidará con Portos de Galicia trimestralmente e recibirá as achegas necesarias para cubrir as condicións estipuladas.

Se o servizo facturar pola aplicación de tarifas aos usuarios máis do total dos custos previstos de 170.200 € (IVE), non sería necesaria achega ningunha. O servizo de practicaxe recibirá o 100 % das tarifas polos primeiros 170.200 euros e un 33 % sobre o ingresado por riba da mencionada cifra e reintegraría a Portos de Galicia o 67 % restante. Ademais, se a dita facturación se estimase estable, debería motivar o retorno ao prego de servizo sen garantía extraordinaria, tal e como se presta o dito servizo no resto de dársenas.

1. Custos estimados do servizo:

– Custos salariais do/da profesional da practicaxe: 76.200 € brutos de salario.

– Ootros gastos do/da profesional da practicaxe: seguro de responsabilidade civil: 2.500 €.

Cota colexial, cota federativa e seguro de decesos: 2.100 €. Medidas de prevención e gastos persoais: 1.700 €. Gastos de xestoría: 1.200 €.

Gastos de coordinación con Portos de Galicia, desprazamentos e reunións: 1.500 €.

– Medios persoais:

Custos salariais do/da patrón/oa/amarrador/a: 31.000 €. Custos salariais do/da mariñeiro/a/amarrador/a: 26.000 €.

– Medios materiais:

Custos de amortización da embarcación: 16.000 €. Custos por mantementos e consumos: 8.000 €.

Gastos de desprazamentos, computadores, teléfonos e outros medios, incluído persoal puntual para amarres: 4.000 €.

Puntos de practicaxe e condicións económicas dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

ANEXO II

Plano de zonas de practicaxe

missing image file
missing image file

ANEXO III

Tarifas para aplicar. Importe estimado do contrato

TARIFAS DOs PORTOs DE CEE E LAXE DO ANO 2019

ANO 2019

Estimado

188.304,00 €

 

Comp. máx

108.354,00 €

 

 

 

 

 

TARIFAS

Practicaxe

Movemento

Amarre

 

Recargas

0

1500

286,00 €

182,00 €

179,00 €

 

Sábados

40 %

1500

2500

344,00 €

230,00 €

202,00 €

 

Domingos

50 %

2500

3500

392,00 €

256,00 €

236,00 €

 

Nocturnos

40 %

3500

5000

440,00 €

288,00 €

262,00 €

 

+

1000

55,00 €

45,00 €

30,00 €

 

BUQUES

Practicaxe

Movemento

Amarre

Total

0

1500

0

0

0

0

1500

2500

50

6

50

106

2500

3500

75

6

75

156

3500

5000

0

0

0

0

+

1000

0

0

0

0

125

12

125

262

IMPORTES

Practicaxe

Movemento

Amarre

Total

Recargas

Previsión

0

1500

– €

– €

– €

– €

29 %

 

1500

2500

17.200,00 €

1.380,00 €

10.100,00 €

28.680,00 €

 

2500

3500

29.400,00 €

1.536,00 €

17.700,00 €

48.636,00 €

 

3500

5000

– €

– €

– €

– €

 

+

1000

– €

– €

– €

– €

 

46.600,00 €

2.916,00 €

27.800,00 €

77.316,00 €

22.421,64 €

99.737,64 €

Tarifas 2019. Tráfico 35 % 2019

VARIACIÓN DAS TARIFAS DOs PORTO DE CEE E LAXE PARA O ANO 2023

ANO 2023

Estimado

170.200,00 €

 

Incremento de tarifas

39,00 %

 

Comp. máx

170.200,00 €

 

Incremento de tráfico

0,00 %

 

TARIFAS

Practicaxe

Movemento

Amarre

 

Recargas

0

1500

397,54 €

252,98 €

248,81 €

 

Sábados

40 %

1500

2500

478,16 €

319,70 €

280,78 €

 

Domingos

50 %

2500

3500

544,88 €

355,84 €

328,04 €

 

Nocturnos

40 %

3500

5000

611,60 €

400,32 €

364,18 €

 

+

1000

76,45 €

62,55 €

41,70 €

 

BUQUES

Practicaxe

Movemento

Amarre

Total

0

1500

0

0

0

0

1500

2500

50

6

50

106

2500

3500

75

6

75

156

3500

5000

0

0

0

0

+

1000

0

0

0

0

125

12

125

262

IMPORTES

Practicaxe

Movemento

Amarre

Total

Recargas

Previsión

0

1500

– €

– €

– €

– €

29 %

 

1500

2500

23.908,00 €

1.918,20 €

14.039,00 €

39.865,20 €

 

2500

3500

40.866,00 €

2.135,04 €

24.603,00 €

67.604,04 €

 

3500

5000

– €

– €

– €

– €

 

+

1000

– €

– €

– €

– €

 

64.774,00 €

4.053,24 €

38.642,00 €

107.469,24 €

31.166,08 €

138.635,32 €

Tarifas 2022. Tráfico 1T 2021-2T 2021 (x2)

Estimado do contrato sobre o cal se practicará compensación no caso de non chegarse a el:

170.200,00 €

ANEXO IV

Custos estimados do servizo

Ano de compra

Importe

Amortización

Importe anual

CUSTOS ESTIMADOS-PRACTICAXE CEE, LAXE E CORCUBIÓN

2023

 

 

170.200,00 €

Medios humanos

 

 

 

127.200,00 €

Práctico/a

60.000,00 €

1

60.000,00 €

SS Práctico/a

16.200,00 €

1

16.200,00 €

Mariñeiría e outros

51.000,00 €

Medios materiais

 

 

 

33.000,00 €

Servizos externos

 

 

 

10.000,00 €

CUSTOS + BENEFICIO (6 %)-PRACTICAXE DE CEE, LAXE E CORCUBIÓN

2023

 

 

180.412,00 €

1. Custos estimados do servizo:

– Custos salariais do/da profesional da practicaxe: 76.200 € brutos de salario.

– Outros gastos do/da profesional da practicaxe:

Seguro de responsabilidade civil: 2.500 €.

Cota colexial, cota federativa e seguro de decesos: 2.100 €.

Medidas de prevención e gastos persoais: 1.700 €.

Gastos de xestoría: 1.200 €.

Gastos de coordinación con Portos de Galicia, desprazamentos e reunións: 1.500 €.

– Medios persoais:

Custos salariais do/da patrón/oa/amarrador/a: 31.000 €.

Custos salariais do/da mariñeiro/a/amarradora: 26.000 €.

– Medios materiais:

Custos de amortización da embarcación: 16.000 €.

Custos por mantementos e consumos: 8.000 €.

Gastos de desprazamentos, computadores, teléfonos e outros medios, incluído persoal puntual para amarres: 4.000 €.

ANEXO V

Compensacion máxima do servizo

A compensación máxima para equilibrar o servizo recollido no presente prego será de 140.000 €/ano durante os primeiros 5 anos.

A compensación calcularase coa referencia do estimado do contrato (170.200 €/ano) co obxecto de garantir como ingresos mínimos os custos estimados.