DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de novembro de 2023 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-21-23-14 e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles ao denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para formularen alegacións e, de ser o caso, propoñeren proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretendan valer e citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolución.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días, contado desde a publicación deste acordo para identificar, no caso de que non fosen vostedes, os/as condutores/as dos vehículos na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e igualmente cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI
denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-21-23-14

0963-HXM

Gardapeiraos

32586607T

Estacionamento prohibido.

7.7.2023; 12.05 horas; Laxe (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-31-23-29

4021-KGX

Garda Civil

14688235K

Estacionamento prohibido.

26.7.2023; 14.45 horas; Muxía (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-209

3285-JXR

Gardapeiraos

53482293W

Estacionamento prohibido.

20.7.2023; 21.26 horas; Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-02-23-43

3679-MFK

Gardapeiraos

35488558H

Estacionamento prohibido.

5.7.2023; 12.09 horas; O Carril (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-22-23-03

7ªBA-5-1048-91

Gardapeiraos

B15825003

Amarre sen autorización.

7.8.2023; 14.00 horas; Meira-Moaña (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-26-23-14

7460-HXC

Gardapeiraos

35986227J

Estacionamento prohibido.

22.8.2023; 14.40 horas; Canido-Vigo (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-38-23-21

3748-LNN

Garda Civil

76907843Y

Estacionamento prohibido.

5.8.2023; 19.25 horas; Cobres (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 14-03-23-03

Garda Civil

33336016T

Acampada sen autorización.

15.7.2023; 11.50 horas; Foz (Lugo)

Artigo 131.p) e u) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

150 €