DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da concesión dun caudal de auga no concello de Nigrán (expediente DH.A36.66315).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 30 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios Lapela-Chandebrito unha concesión de 14.294,70 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Chandebrito, da parroquia de Chandebrito (San Xosé), no concello de Nigrán (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións