DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2023, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas dos bens e dereitos afectados polas actuacións para restablecer a circulación viaria, cortada polo colapso da LU-651 entre os puntos quilométricos 17+650 e 18+470, de clave LU/22/071.02, no concello de Folgoso do Courel.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

A aprobación definitiva do expediente de información pública da memoria valorada do desvío provisional para restablecer temporalmente o tráfico na LU-651 entre os puntos quilométricos 17+650 e 18+470, de clave LU/22/071.02, realizouna o 24 de outubro de 2023 o director da Axencia Galega de Infraestruturas e foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 209, o 3 de novembro de 2023. Atendendo ao disposto no artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, esta aprobación definitiva implica a declaración de utilidade pública, así como a urxencia da ocupación para efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, dos terreos necesarios para executar esta obra.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Folgoso do Courel para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario:

Concello de Folgoso do Courel.

Lugar: salón de actos do Concello (praza Manuel Fraga Iribarne, s/n, 27325 Folgoso do Courel, Lugo).

Data: 20 de decembro de 2023, das 10.00 ás 13.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Folgoso do Courel, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo (Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo), e publicaranse na seguinte ligazón da páxina web da Consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_034.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, e poderán facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares de que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que se deberá identificar co documento nacional de identidade.

Co fin de que os actos derivados dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, serán aplicables as medidas de prevención vixentes nas datas de realización dos actos convocados neste anuncio.

Lugo, 16 de novembro de 2023

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Lugo