DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 31 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da concesión dun caudal de auga no concello de Carballo (expediente DH.A15.84502).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 8 de maio de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Eugenio Puga Suárez a novación de concesión para aproveitar 275,4 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Barbalde de Arriba, da parroquia de Rus (Santa María), no concello de Carballo (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións