DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da concesión dun caudal de auga no concello de Porto do Son (expediente DH.A15.80286).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 30 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Daría Segade Brión unha concesión de 228,42 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Montemuíño, da parroquia de Baroña (San Pedro), no concello de Porto do Son (A Coruña), con destino a uso doméstico e rega.

Expediente: DH.A15.80286.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións