DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2023/401-1).

Expediente: IN407A 2023/401-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT SIG-808-apoio ABLI5COC//18-2.

Termo municipal: Trazo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SIG-808 autorizado no expediente 50.450, de 420,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio con matrícula ABJLSA12 metálico de celosía tipo AM-AL-C-2000/20-H35-CAIII, no cal se atopa a orixe das derivadas ao CT Castro Busto (matrícula 15AE89) e ao CT Lengüelle (matrícula 15AE93), e o apoio nº 18-3 (matrícula ABMWR57B) de formigón tipo AM-AL-HV-250/13-B1-CAI, consistente en:

– Desmontaxe de 140 metros de condutor tipo LA-30 no treito da LMT SIG-808 comprendido entre os actuais apoios nº 18-1 e nº 18-2.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15087A501002730000AI, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio con matrícula  ABJLSA12, do apoio nº 18-1 (matrícula ABKIGF92) de formigón tipo AM-HV-250/11-B1-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AC-C-1000/12-H35-CA(CS).

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15087A501002490000AA, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 18-3, do apoio nº 18-2 (matrícula ABLI5COC) de formigón tipo S-HV-250/13-B1-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AC-C-2000/14-H35-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 18-3.

– Rematada a instalación dos novos apoios proxectados, o condutor tipo LA-30 retirado será substituído por novo condutor tipo LA-56 (155,7 metros).

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 129,4 metros de lonxitude comprendido entre o apoio con matrícula ABJLSA12 existente e o novo apoio nº 18-1 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 135 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 18-2 proxectado e o apoio nº 18-3 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Trazo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Instalación de telecontrol na LMT SIG-808-apoio ABLI5COC//18-2.

Termo municipal: Trazo.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Hortensia Ríos Lemos

15087A501002730000AI

Braña Grande

Novo apoio nº 18-1

2

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías