DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 6 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/240-1).

Expediente: IN407A 2023/240-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento LMT CRN-708A e substitución CT Sequeiros (15CIB0).

Concello: Valdoviño.

1. Características técnicas:

Desconexión e desmontaxe do treito aéreo da liña CRN-708A autorizado no expediente 8.167, de alimentación ao CT Sequeiros, de 800 metros de lonxitude en condutores tipo AL-D-70 e LA-110, coa orixe no apoio metálico tipo FL-C-2000/14-(PA/S) (matrícula: AS1RAQ2J) e remate no CT Sequeiros. Esta operación implica a retirada dos nove (9) apoios de formigón núm. 49, núm. 50, núm. 51, núm. 52, núm. 53, núm. 54, núm. 55, núm. 56 e núm. 57 sobre os que se atopa tendido actualmente.

Desconexión e desmontaxe do treito soterrado da liña CRN-708A autorizado no expediente IN407A 2000/170-1, de alimentación ao CT As Palmeiras (matrícula: 15CMS6), de 255 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×95 mm2 Al), coa orixe no paso aerosubterráneo (PA/S) existente no apoio metálico tipo FL-C-2000/14-(PA/S) (matrícula: AS1RAQ2J) que se vai substituír e remate en cela de liña do CT As Palmeiras.

Substitución, respectando a súa actual localización e sen alterar a traza aérea da LMT CRN-708A do apoio con matrícula AS1RAQ2J anterior, por un novo apoio metálico tipo FL-C-4500/14-H35-CA(CS) no cal se proxecta a instalación dun paso aerosubterráneo (PA/S) e que se identificará como apoio Pro-1.

Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT Sequeiros (expedientes 30.063 e IN407A 2016/1568-1/matrícula: 15CIB0) de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e unha configuración de celas 3L+1P.

En substitución do CT Sequeiros que se vai desmantelar, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, con cadro de baixa tensión con catro (4) saídas (unha de reserva) e equipamento de telecontrol e telexestión, que se vai instalar na parcela con referencia catastral 15088A503009840000GM sita no lugar de Carreira.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 1.409 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe no paso aerosubterráneo (PA/S) que se vai instalar no novo apoio Pro-1 e remate en empalmes MT para realizar diante do CT Sequeiros que se vai desmantelar sobre a LMTS CRN-708A existente, tras entrar e saír no CT As Palmeiras e no novo CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión actualmente alimentada desde o CT Sequeiros que se vai desmantelar, consistente na instalación de dous (2) circuítos soterrados (RBTS), de 2×52 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al) coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede soterrada de baixa tensión existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Valdoviño.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 6 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Valdoviño

Soterramento LMT CRN-708A e substitución CT Sequeiros (15CIB0).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Concepción San Estévez Raposo

15088A503010190000GP

Novelido

Novo apoio Pro-1

2

Rústico. Agrario

2

María José Ramos Fraga

15088A503009840000GM

Anella

CT

16,81

Rústico. Agrario