Expediente: IN407A 2023/343-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: nova saída subestación Boiro: peche Cabo de Cruz-1ª fase.
Termo municipal: Boiro.
Características técnicas:
Coa finalidade de mellorar a calidade da subministración de enerxía eléctrica na localidade de Cabo de Cruz e reducir os tempos de reposición da subministración eléctrica en caso de avarías, proxéctase a construción dunha nova liña de distribución, composta por:
Treito 1: liña de media tensión soterrada, a 20 kV, de 56 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL (S) 12/20 kV 3 (1×240 mm² Al), que transcorre por canalización existente autorizada no expediente IN407A 2007/172-1, coa orixe en cela de liña existente na subestación 66/20 kV Boiro e remate en arqueta existente á saída da subestación.
Treito 2: liña de media tensión soterrada, a 20 kV, de 5.846 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm² Al), que transcorre por nova canalización e canalización existente autorizada nos expedientes IN407A 1998/218-1 e IN407A 2007/172-1, coa orixe na arqueta existente á saída da subestación e remate en paso aéreo-soterrado (PA/S) proxectado no apoio nº 29 existente (matrícula 9OD76B83) de formigón tipo HV-800/15 pertencente á arquitectura da LMT BOI-802, emprazado na pista que une os lugares de San e O Saltiño.
Treito 3: liña de media tensión soterrada, a 20 kV, de 96 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm² Al), que transcorre por nova canalización, coa orixe na nova arqueta que se vai instalar preto do apoio nº 29 anterior e remate nun dos dous (2) pasos soterrado-aéreos (PS/A) que se vai instalar no apoio nº 30 existente (matrícula 9OEQAPUR) metálico de celosía tipo C-3000/12 no cal se realizará o acoplamento coa rede MT existente.
Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Boiro.
Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 6 de outubro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña