A disposición derradeira segunda do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, establece que o seu anexo pode ser modificado mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública.
A primeira modificación do devandito anexo fíxose mediante a Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 10 de marzo de 2021, pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 61, do 31 de marzo).
En virtude da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, e da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, creáronse unha serie de escalas de persoal funcionario de carreira en previsión dos procedementos de funcionarización.
Esta orde responde á finalidade de recoller de xeito completo e ordenado todas as categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galicia que son susceptibles de ser sometidas aos procesos de funcionarización.
Esta orde cumpre os principios de boa regulación establecidos no artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e no artigo 129.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Así, o principio de necesidade desta norma vén determinado pola necesidade de dar cumprimento ás disposicións da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, relativas a que os postos deben ser cubertos por persoal funcionario, así como para homoxeneizar o réxime xurídico e condicións de traballo aplicables a este, respéctase o principio de proporcionalidade, xa que as modificacións introducidas derivan das modificacións nas escalas e especialidades propostas polas leis de medidas fiscais e administrativas, así como polo desenvolvemento do propio proceso de funcionarización; o principio de seguridade xurídica garántese dado que a presente norma se aproba en exercicio da habilitación normativa prevista na disposición derradeira segunda do Decreto 165/2019, do 26 de decembro; así mesmo, respéctase o principio de transparencia, promovéndose a máis ampla participación da cidadanía, así como o principio de accesibilidade; finalmente, en virtude dos principios de simplicidade e eficacia, e dentro do obxectivo de simplificación administrativa da normativa aplicable, evítanse as cargas administrativas innecesarias ou accesorias.
En consecuencia, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, a disposición derradeira segunda do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e demais disposicións de xeral aplicación, de acordo co Consello Consultivo,
ACORDO:
Artigo único. Modificación do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
Modifícase o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, que queda redactado como segue:
«ANEXO
Equivalencias entre as categorías profesionais de persoal laboral e as escalas de persoal funcionario
Grupo I.
Categoría profesional persoal laboral |
Escala de persoal funcionario equivalente |
I-02: titulado/a superior médico/a |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de facultativos Especialidade de medicina (subgrupo A1). |
I-25: titulado/a superior médico/a (especialidade medicina deportiva) |
|
I-03: titulado /a superior químico/a |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de ciencias. Especialidade de química (subgrupo A1). |
I-10: titulado/a superior biólogo/a |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de ciencias. Especialidade de bioloxía (subgrupo A1). |
I-01: director/a de residencia. Director/a de centro educativo. Director/a de residencia xuvenil. Técnico/a deportivo/a. Xefe/a de internado/a |
Corpo superior da Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo A1) ou calquera outra escala ou especialidade do subgrupo A1. |
I-04: titulado/a superior |
|
I-09: titulado/a superior economista |
|
I-14: titulado/a superior sociólogo/a |
|
I-19: titulado/a superior especialista. Farmacéutico/a |
|
I-21: técnicos/as de protocolo |
|
I-23: documentalista |
|
I-27: coordinador/a de actividades externas |
|
I-29: xefe do Departamento de Persoal e Xestión Económica-Administrativa do Igaem |
|
I-30: relacións públicas do Igaem |
|
I-31: titulado/a superior de formación ocupacional |
|
I-05: titulado/a superior veterinario/a |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de veterinarios (subgrupo A 1). |
I-06: titulado/a superior psicólogo/a |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía (subgrupo A1). |
I-11: titulado/a superior pedagogo/a |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de facultativos. Especialidade de pedagoxía (subgrupo A1). |
I-17: bibliotecario/a |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas (subgrupo A1). |
I-18: licenciado/a informático/a |
Corpo superior da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1). |
I-37: titulado/a superior ambiental |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de ciencias-especialidade bioloxía; ou especialidade química; ou especialidade ciencias do mar (subgrupo A1). |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de enxeñeiros Especialidade enxeñaría de montes (subgrupo A1). |
|
I-38: técnico/a superior en defensa contra incendios |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes (subgrupo A1). |
I-40: Titulado/a superior lingüista |
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de expertos/as lingüistas (subgrupo A1). |
Grupo II.
Categoría profesional persoal laboral |
Escala de persoal funcionario equivalente |
II-01: director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa xuventude. Director/a de centro. Director/a clínica deportiva. Xefe/a do servizo administrativo do Igaem |
Corpo de xestión da Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo A 2) ou calquera outra escala ou especialidade do subgrupo A2. |
II-07: titulados/as de grao medio |
|
II–21: monitor/a ocupacional |
|
II-37: titulado/a medio/a de formación ocupacional |
|
II-02: ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de técnicos facultativos. Especialidade de enfermaría (subgrupo A2). |
II-06: educador/a profesor/a especial |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de técnicos facultativos. Especialidade educador social (subgrupo A2). |
II-08: director/a de gardaría infantil |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de técnicos facultativos. Especialidade educador infantil (subgrupo A2). |
II-40: mestre/a especialista en educación infantil |
|
II-11: fisioterapeuta |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia da C.A. de Galicia-escala de técnicos facultativos. Especialidade de fisioterapia (subgrupo A2). |
II-13: logopeda |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de técnicos facultativos. Especialidade de logopedia (subgrupo A2). |
II-17: asistente/a social |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de técnicos facultativos. Especialidade de traballo social (subgrupo A2). |
II-20: terapeuta ocupacional |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de técnicos facultativos. Especialidade de terapia ocupacional (subgrupo A2). |
II-27: técnico/a superior diplomado/a en informática |
Corpo de xestión da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2). |
II-31: restaurador/a |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica de restauración. Especialidade de documentos gráficos ou especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos (subgrupo A2). |
II-39: técnico/a forestal defensa contra incendios forestais |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal (subgrupo A2). |
II-41: técnico/a ambiental |
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal (subgrupo A2). |
Grupo III.
Categoría profesional persoal laboral |
Escala de persoal funcionario equivalente: |
III-02: encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado, xefe/a de administración, xefe 2ª administración, administrador/a, secretario/a administrador/a residencia xuvenil, administrador/a de produción de centros, secretario/a de dirección do Igaem, axudante/a de dirección e difusión da música, axudante/a de dirección e difusión do CDG |
Corpo administrativo da administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo C1). |
III-05: intendente, encargado/a de establecemento, encargado/a de almacén |
|
III-32: encargado/a de reprografía |
|
III-33: encargado/a supervisor de telefónica. |
|
III-38: supervisor/a radioteléfono. Xefe sala Cecop |
|
III-40: axudante/a de produción |
|
III-48: axudante auxiliar inspección tributaria |
|
III-62: oficial/a 1ª administrativo/a, oficial/a administrativo/a, secretario/a administrativo/a administrativo/a provincial, administrativo/a agrupación, administrativo/a, inspector/a administrativo/a |
|
III-04: gobernante/a, gobernante servizos domésticos, encargado/a de lavadoiro, roupeiro |
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica de gobernantes/as. Especialidade gobernante/a (subgrupo C1). |
III-78: subgobernante/a |
|
III-01: encargado/a de equipos mecánicos. Mecánico/a supervisor/a. Axente auxiliar de inspección. Contramestre |
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1). |
III-06: xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
|
III-69: oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª de mantemento. Oficial/a 1ª de oficios varios. Oficial/a de 1ª |
O persoal da categoría profesional III-69 destinado no Instituto de Estudos do Territorio (IET) ou en calquera outra entidade recollida no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro (Lofaxga), consonte as funcións que desempeñe, funcionarízase no corpo administrativo de Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo C1). |
III-82: mecánico/a inspector. Oficial/a 1ª mecánico/a. Técnico/a auxiliar |
|
III-07: técnico/a práctico/a en control e vixilancia de obras, técnico/a |
|
III-08: encargado/a xeral |
Corpo administrativo da administración xeral da C.A. de Galicia-escala de axentes de inspección. Especialidade de vixilancia de estradas (subgrupo C1). |
III-09: técnico/a práctico/a en control e vixilancia de obras, explotación e conservación de estradas |
|
III-23: celador/a de estradas, capataz de brigada |
|
III-60: auxiliar técnico/a de obra, auxiliar técnico/a de obra TIE |
O persoal das categorías profesionais III-08 e III-67 destinado en Augas de Galicia funcionarízase no corpo administrativo da Administración xeral da C.A.de Galicia-escala de dominio público hidráulico (subgrupo C1). |
III-64: oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada |
|
III-67: capataz de obras, capataz cuadrilla, xefe/a equipo, oficial/a 1ª obra CTOP, capataz |
|
III-11: encargado/a agrario/a |
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica de recursos naturais e forestais (subgrupo C1). |
III-68: Oficial/a 1ª agrario/a. Capataz agrario |
|
III-80: capataz establecemento |
|
III-14: xefe/a de cociña |
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica de cociña (subgrupo C1). |
III-65: oficial/a 1ª de cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a de 1ª |
|
III-17: analista de laboratorio |
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica de análise de laboratorio (subgrupo C1). |
III-29: delineante de 1ª |
Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica de delineantes (grupo B). |
III-30: programador/a |
Corpo administrativo da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1). |
III-91: técnico/a especialista en informática |
|
III-49: axente auxiliar de inspección de transportes |
Corpo administrativo da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de axentes de inspección. |
Especialidade de mobilidade (subgrupo C1). |
|
III-50: técnico/a especialista en xardín de infancia |
Corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade de educación infantil (grupo B). |
(técnicos/as superiores en educación infantil) |
|
III-63: oficial/a 1ª condutor. Condutores/as |
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica de condución (subgrupo C1). |
III-90: animador/a sociocultural |
Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade animación sociocultural (grupo B). |
III-100: bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
Corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala técnica do SPDCIF Especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo B). |
Grupo IV.
Categoría profesional persoal laboral |
Escala persoal funcionario equivalente |
IV-01: auxiliar gravación, oficial/a 2ª linotipista, auxiliar administrativo/a, oficial/a administrativo/a, técnico/a auxiliar de informática, operador/a maquinaria elemental, auxiliar |
Corpo auxiliar de Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo C2). |
IV-17: almaceneiro/a, despenseiro/a |
|
IV-20: conserxe |
|
IV-22: oficial/a segunda de reprografía |
|
IV-28: auxiliar produción-dirección |
|
IV-30: auxiliar de formación ocupacional |
|
IV-32: operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
|
IV-03: auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2). |
IV-04: auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2). |
III-99: coidador/a extinguir. |
|
IV-05: oficial/a 2ª de cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar de cociña (subgrupo C2). |
IV-06: axudante/a de servizos técnicos. Oficial 2ª de establecemento. |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2). |
IV-18: oficial/a de segunda |
|
IV-09: oficial/a 2ª agrario |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2). |
IV-40: oficial/a 2ª forestal |
|
IV-42: oficial/a de establecemento |
|
IV-11: auxiliar de laboratorio |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar de laboratorio (subgrupo C2). |
IV-16: condutor/a |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar de condución (subgrupo C2). |
IV-33: bombeiro/a forestal condutor de motobomba |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da C.A. de Galicia-escala auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba (subgrupo C2). |
IV-35: auxiliar de arquivos e bibliotecas |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas (subgrupo C2). |
IV-36: auxiliar de museos |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos (subgrupo C2). |
IV-43: xerocultor/a |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C. A. de Galicia-escala de xerocultor/a (subgrupo C2). |
IV-44: PSX |
Corpo auxiliar de Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de PSX (subgrupo C2). |
V-09: celador/a de 2ª. Vixiante de recursos naturais |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de gardas de recursos naturais (subgrupo C2). |
Grupo V.
Categoría profesional persoal laboral |
Escala persoal funcionario equivalente |
V-03: ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a recepcionista, telefonista, sereno/a, garda |
Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de persoal subalterno. |
V-10E: vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
|
V-12: peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, mozo/a subalterno, mozo/a mantemento/a, mozo/a subalterno |
Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de persoal de mantemento. |
V-02: axudante/a traballos ou oficios. Axudante albanel. Peón/oa especializado/a. Fontaneiro/a. Axudante/a. Hortelá/n axudante de traballos. Encargado/a xardín |
|
V-01: camareiro/a limpador/a. Axudante de cociña. Pasador/a de ferro. Costureiro/a. Cortador/a. Lavandeiro/a |
Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais. Especialidade persoal de limpeza e cociña. |
V-11: limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a de cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais |
|
V-10B: vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar do SPDCIF. |
Especialidade de vixilante fixo (subgrupo C2). |
|
V-10C: emisorista de defensa contra incendios forestais |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala auxiliar do SPDCIF. Especialidade emisorista (subgrupo C2). |
V-08: Peón/oa agrario/a |
Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da C.A. de Galicia-escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais Especialidade persoal de recursos naturais e forestais. |
V-10 F: Peón/oa forestal |
|
V-14: bombeiro/a forestal |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia-Escala auxiliar do SPDCIF. Especialidade bombeiro/a forestal (subgrupo C2)». |
V-14A: bombeiro/a forestal condutor/a |
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
A presente orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública