DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 67038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilariño de Conso

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Referencia

catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa

responsable

12.9.2023

32093A00100073

Mormentelos (Nosa Señora da O), Vilariño de Conso, Ourense

001

00073

Descoñecida

12.9.2023

32093A00100074

Mormentelos (Nosa Señora da O), Vilariño de Conso, Ourense

001

00074

Descoñecida

12.9.2023

32093A00101017

Mormentelos (Nosa Señora da O), Vilariño de Conso, Ourense

001

01017

Descoñecida

12.9.2023

32093A00101018

Mormentelos (Nosa Señora da O), Vilariño de Conso, Ourense

001

01018

Descoñecida

12.9.2023

32093A00300981

Mormentelos (Nosa Señora da O), Vilariño de Conso, Ourense

003

00981

Descoñecida

11.9.2023

32093A00700029

San Cristovo (San Cristovo), Vilariño de Conso, Ourense

007

00029

Descoñecida

11.9.2023

32093A00700132

San Cristovo (San Cristovo), Vilariño de Conso, Ourense

007

00132

Descoñecida

11.9.2023

32093A00700137

San Cristovo (San Cristovo), Vilariño de Conso, Ourense

007

00137

Descoñecida

11.9.2023

32093A00700142

San Cristovo (San Cristovo), Vilariño de Conso, Ourense

007

00142

Descoñecida

11.9.2023

32093A00900282

Conso (Santiago), Vilariño de Conso, Ourense

009

00282

Descoñecida

11.9.2023

32093A00900777

San Cristovo (San Cristovo), Vilariño de Conso, Ourense

009

00777

Descoñecida

11.9.2023

32093A01000260

Conso (Santiago), Vilariño de Conso, Ourense

010

00260

Descoñecida

11.9.2023

32093A01000625

Conso (Santiago), Vilariño de Conso, Ourense

010

00625

Descoñecida

11.9.2023

32093A01000634

Conso (Santiago), Vilariño de Conso, Ourense

010

00634

Descoñecida

11.9.2023

32093A01000636

Conso (Santiago), Vilariño de Conso, Ourense

010

00636

Descoñecida

12.9.2023

32093A01200413

Castiñeira (San Lourenzo), Vilariño de Conso, Ourense

012

00413

Descoñecida

12.9.2023

32093A01200414

Castiñeira (San Lourenzo), Vilariño de Conso, Ourense

012

00414

Descoñecida

12.9.2023

32093A01200506

Castiñeira (San Lourenzo), Vilariño de Conso, Ourense

012

00506

Descoñecida

12.9.2023

32093A01300153

Castiñeira (San Lourenzo), Vilariño de Conso, Ourense

013

00153

Descoñecida

12.9.2023

32093A01300335

Castiñeira (San Lourenzo), Vilariño de Conso, Ourense

013

00335

Descoñecida

13.9.2023

32093A02201546

San Mamede de Hedrada (San Mamede), Vilariño de Conso, Ourense

022

01546

Descoñecida

13.9.2023

32093A02203270

San Mamede de Hedrada (San Mamede), Vilariño de Conso, Ourense

022

03270

Descoñecida

13.9.2023

32093A02502965

San Mamede de Hedrada (San Mamede), Vilariño de Conso, Ourense

025

02965

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución de xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión da biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, a obriga de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Referencia catastral

ha afectadas por

execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación

provisional

2023/32093A00100073

32093A00100073

0,0040

2.056,00 €

8,13 €

2023/32093A00100074

32093A00100074

0,0047

2.056,00 €

9,66 €

2023/32093A00101017

32093A00101017

0,0072

2.056,00 €

14,80 €

2023/32093A00101018

32093A00101018

0,0066

2.056,00 €

13,60 €

2023/32093A00300981

32093A00300981

0,0549

2.056,00 €

112,96 €

2023/32093A00700029

32093A00700029

0,1176

2.056,00 €

241,73 €

2023/32093A00700132

32093A00700132

0,0034

2.056,00 €

7,02 €

2023/32093A00700137

32093A00700137

0,0206

2.056,00 €

42,37 €

2023/32093A00700142

32093A00700142

0,1251

2.056,00 €

257,17 €

2023/32093A00900282

32093A00900282

0,0701

2.056,00 €

144,09 €

2023/32093A00900777

32093A00900777

0,0303

2.056,00 €

62,24 €

2023/32093A01000260

32093A01000260

0,0751

2.056,00 €

154,32 €

2023/32093A01000625

32093A01000625

0,2843

2.056,00 €

584,55 €

2023/32093A01000634

32093A01000634

0,1280

2.056,00 €

263,16 €

2023/32093A01000636

32093A01000636

0,1734

2.056,00 €

356,49 €

2023/32093A01200413

32093A01200413

0,0012

2.056,00 €

2,41 €

2023/32093A01200414

32093A01200414

0,0013

2.056,00 €

2,70 €

2023/32093A01200506

32093A01200506

0,0442

2.056,00 €

90,80 €

2023/32093A01300153

32093A01300153

0,0197

2.056,00 €

40,59 €

2023/32093A01300335

32093A01300335

0,0192

2.056,00 €

39,39 €

2023/32093A02201546

32093A02201546

0,0088

2.056,00 €

18,10 €

2023/32093A02203270

32093A02203270

0,0440

2.056,00 €

90,50 €

2023/32093A02502965

32093A02502965

0,0641

2.056,00 €

131,71 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Vilariño de Conso, 14 de novembro de 2023

Melisa Macía Domínguez
Alcaldesa