DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 67036

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto para notificar

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Orde de execución (exp. 363-2023)

Resolución inicio O.E. do 24.10.2023

36043A043004430000JQ 

(Polígono 43-parcela 443)

A Insua

Ponte Caldelas

Guillermo Lopo Orge

Orde de execución (exp. 2006-2023)

Resolución inicio O.E. do 31.10.2023

1333514NG4913S0001XK

Pazos

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución (exp. 1539-2022)

Resolución inicio O.E. do 6.11.2023

36043A044037670000JZ 

(Polígono 44-parcela 3767)

A Insua

Ponte Caldelas

Arturo Orge Vilariño

Orde de execución (exp. 1540-2022)

Resolución inicio O.E. do 6.11.2023

36043A044037690000JH 

(Polígono 44-parcela 3769)

A Insua

Ponte Caldelas

Arturo Orge Vilariño

Orde de execución (exp. 2302-2023)

Resolución inicio O.E. do 9.11.2023

36043A043003630000JI (Polígono 43-parcela 363)

A Insua

Ponte Caldelas

Elena Amoedo Parada

Orde de execución (exp. 1051-2020)

Resolución inicio O.E. do 9.11.2023

36043A053000320000JK (Polígono 53-parcela 32)

Caldelas

Ponte Caldelas

José Manuel Mallo Liñares

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se encontra á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da Sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non poida determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, esta se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia cos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, repercutindo os custes ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 9 de novembro de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente