DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 67023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de novembro de 2023 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 322/2023 no expediente de reposición da legalidade PON/180/2017-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 322/2023, interposto pola persoa con DNI 35304461J, contra a Resolución desestimatoria ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 8 de agosto de 2023 no recurso de reposición, interposto contra outra do 24 de outubro de 2018 (expediente PON/180/2017-RP1), na cal se declara que as obras executadas en solo rústico, consistentes na construción dunha edificación para uso residencial sobre soleira e construción de solado, na parcela 129 do polígono 60 (referencia catastral 36051A060001290000FD), no lugar de Sear, 6, parroquia de Bordóns, no concello de Sanxenxo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas –LPACAP–, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 75298634S, para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística