DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 67024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de novembro de 2023 polo que se notifica a resolución de arquivamento da solicitude de aprazamento da débeda relativa á primeira multa coercitiva imposta dentro do expediente COR/156/2018.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, mediante a Resolución do 27 de outubro de 2023, aprobou o arquivamento da solicitude de aprazamento presentada pola persoa con DNI número 46903717R para a primeira multa coercitiva imposta dentro do expediente COR/156/2018, por non atender o requirimento de emenda no prazo concedido para o efecto.

Ao non poderse realizar a notificación persoal á mencionada persoa, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente de acordo co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística