DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal en solo de núcleo rural número 10 A Relva.

Mediante a Alcaldía deste concello do 19 xuño de 2023 ditouse decreto polo que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do sistema local, equipamento educativo-docente, previsto no vixente PXOM do Porriño en solo de núcleo rural núm. 10 A Relva, que na súa parte dispositiva establece o seguinte:

Primeiro. Acordar a aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do sistema local educativo Colexio Santo Tomás de Porriño.

Segundo. Someter o proxecto a exposición pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tirada da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens ou dereitos. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas nas dependencias deste concello do Porriño, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para estes efectos, o proxecto estará exposto nas dependencias do Servizo de Urbanismo deste concello do Porriño, sito na rúa Antonio Palacios, núm. 1, O Porriño.

Para os efectos do recoñecemento da titularidade dos bens e dereitos afectados e ao pagamento no seu momento do prezo xusto aprobado aos propietarios e titulares de dereitos deberán achegar os documentos ou títulos xustificativos completados coa súa certificación rexistral ou, se é o caso, certificación negativa referida ao mesmo predio descrito nos títulos.

Terceiro. Notificar individualmente as taxacións aos que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación.

Cuarto. Remitir o proxecto de expropiación á Consellería do Medio Rural para os efectos de emisión da correspondente declaración de prevalencia de utilidade pública ou interese social en aplicación do artigo 6 do decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Quinto. Publicar esta resolución coa relación de titulares, bens e dereitos afectados que constan no proxecto para que conforme o establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sirva de notificación aos interesados que resulten descoñecidos, se ignore o lugar para a práctica da notificación ou ben porque, intentada a notificación, non se puidera efectuar.

A relación dos propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se achega.

Nº de orde

Datos de Catastro

Propietario

Superficie en m2

Polígono

Parcela

Ref. catastral

1

10

20

36039A010000200001FW

CMVMC Torneiros

5.347

O Porriño, 10 de novembro de 2023

Alcalde presidente