Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución apoios 108 e 109 LMTA por 706, no concello do Pino (expediente IN407A 2022/73-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 20 de novembro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/73-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución apoios 108 e 109 LMTA por 706.
Concello: O Pino.
Predio |
Lugar |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
1 |
A Gándara |
501 |
194 |
Claudia Garea Cotón |
24.11.2023 |