Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC, no concello de Tomiño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 17 de novembro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/071-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC.
Concello: Tomiño.
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
36054A040001570000EB |
Bouzón-Piñeiro |
Carmen Fernández Alfaya |
14 de decembro de 2023 |
12.00 |