DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 14 de novembro de 2023 polo que se cita a persoa interesada en relación co procedemento que se tramita coa referencia SXRH-PD-31/23.

A instrutora do procedemento SXRH-PD-31/23 remitiu a citación para a toma de declaración da persoa inculpada aos enderezos que constan nos rexistros da Consellería a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa, a referencia do procedemento e os trámites aos que se lle convoca:

Persoa citada: 34994772L.

Procedemento: SXRH-PD-31/23.

Primeiro trámite: citación para o día 11 de decembro de 2023 (11.12.2023), ás 11.30 horas, nas dependencias do Servizo Territorial de Inspección Educativa da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo (sita no enderezo: rolda da Muralla, nº 70, 2º andar, na cidade de Lugo), co obxecto de entregar unha copia do acordo de incoación.

Segundo trámite: citación para o día 13 de decembro de 2023 (13.12.2023), ás 13.00 horas, nas dependencias do Servizo Territorial de Inspección Educativa da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo (sita no enderezo: rolda da Muralla, nº 70, 2º andar, na cidade de Lugo), co obxecto de comparecer ante a instrutora para a toma de declaración como persoa inculpada.

Se a persoa citada non comparece nas datas indicadas, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Lugo, 14 de novembro de 2023

Belén Pérez Aldariz
Instrutora