DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello da Pobra de Trives, na provincia de Ourense.

Mediante Acordo do 5.10.2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Pobra de Trives (expediente IN407A 2023/121-3), o cal foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 15.11.2023, realizando, ao mesmo tempo, a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 16 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/121-3.

Solicitante: I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.

Denominación da instalación: proxecto de modificación de liña aérea de alta tensión a 132 kV San Cristovo-Trives, treito comprendido entre os apoios núm. 17 e núm. 25.

Termo municipal: A Pobra de Trives.

Predios

Propietarios

Afección

Num.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Servidume (voo)

Lonx. m

Sup. afect. m2

1

Canidoira

MT Matogueira

Ubaldino Pérez Pérez

5

60,64

4

Canidoira

MT Matogueira

Ana Diéguez Alonso

12,5

236,49

13

Cruceiro

C- Labor ou labradío secaño

Isonina Pérez Basalo

12,3

145,96

18

Padreiriño

PD Prados ou pradarías

Leonardo Guerra Rodríguez

57,9

911,48

31

Fontelas

E- Pastos

José Benito Pérez

34,9

1142,09

35

Fontelas

PD Prados ou pradarías

Manuel Domínguez Pérez

10,5

315,86

37

Cruceiro

MT Matogueira

Ramón Rodríguez

8,5

236,71

41

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Roberto Rivas Pérez

4,4

10,63

42

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Roberto Rivas Pérez

11,3

195,01

43

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Ramón Rodríguez

8,7

134,16

44

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Ramón Rodríguez

5,6

20,83

45

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Herdeiros de Félix Andrés Domínguez Rodríguez

13,5

176,82

46

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Descoñecido

2,8

29,6