DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO do 16 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se publica a Resolución do 3 de outubro de 2023 mediante a que se arquiva o expediente do parque eólico Monte da Neve e se cancela unha garantía económica depositada por Engage Intelligenty, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2020/102).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 3 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Monte da Neve (IN408A/2020/102) e se cancela unha garantía económica depositada por Engage Intelligenty, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte.

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A antedita Resolución do 3 de outubro de 2023 dispón o seguinte:

Aceptar a solicitude de Engage Intelligenty, S.L.U., arquivar e declarar concluso o procedemento instruído en relación co expediente do parque eólico Monte da Neve (expediente IN408/2020/102).

Cancelar e proceder á devolución da garantía económica depositada por Engage Intelligenty, S.L.U. na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 1.680.000 €, o 26 de maio de 2020, e número de rexistro 2020/90/443, para responder das súas obrigas en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Monte da Neve.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución

O 26.5.2020 Engage Intelligenty, S.L.U. depositou unha garantía económica por importe de 1.680.000 € e número de rexistro 2020/90/443, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Monte da Neve.

O 3.7.2020 Engage Intelligenty, S.L.U. solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, así como a aprobación do proxecto sectorial, para o parque eólico Monte da Neve, concellos de Celanova e Verea, sito na provincia de Ourense, e achegou xunto coa solicitude a documentación técnica correspondente e o xustificante da garantía económica para o cumprimento do establecido no artigo 59.bis do Real decreto 1955/2000.

O 11.12.2020, notificóuselle á dita sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 29.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro (en diante, a Lei 8/2009). O 16.12.2020, achegaron o xustificante de pagamento das taxas correspondentes á autorización administrativa das instalacións de parques eólicos, de acordo co artigo 33.4 da Lei 8/2009.

O 27.7.2021, Engage Intelligenty, S.L.U. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Monte da Neve, ao abeiro do disposto na Lei 8/2009. A modificación solicitada consiste, de forma xeral, no cambio da coordenada P06 da poligonal, no desprazamento das posicións dos aeroxeradores e da subestación, así como na incorporación de liña de evacuación. O 8.10.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicoulle á empresa promotora o cumprimento de requisitos da solicitude de modificación mencionada.

Mediante Acordo do 1 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte da Neve e a liña de evacuación, situado nos concellos de Celanova e Verea, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/102). O dito acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 236, do 10 de decembro de 2021.

O 20.2.2023 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto do parque eólico Monte da Neve, nos termos propostos polo Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

O 6.7.2023 esta dirección xeral notificoulle ao promotor o inicio do procedemento de arquivo de expediente e abriu o trámite de audiencia do artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O 14.7.2023 Engage Intelligenty, S.L.U. comunicoulle a esta dirección xeral a conformidade co arquivo do expediente administrativo do proxecto do parque eólico Monte da Neve (expediente IN408/2020/102) ante a imposibilidade de continuar coa tramitación do proxecto, a teor da formulación da declaración de impacto ambiental desfavorable e solicitou a devolución da garantía económica citada no antecedente de feito primeiro.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais