DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 66 kV evacuación parque eólico Acibal, realizada pola empresa beneficiara da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV evacuación parque eólico Acibal, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito no cal acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 16 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/01.

Entidade beneficiaria: Norvento, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT 66 kV evacuación parque eólico Acibal.

Concello: Moraña.

Predio

Polígono e parcela

Lugar

Titular

070

37 416

Vaqueiro

José Sayáns Rey