DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20230144AE-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 30 de maio de 2023, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20230144AE-OU incoado ao titular do NIE Y5489838M, con domicilio na rúa Pescadores, número 3, O Barco de Valdeorras, 32300 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do NIE Y5489838M con domicilio na rúa Pescadores, número 3, O Barco de Valdeorras, 32300 Ourense, o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa avenida de Zamora, 13, Ourense e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 14 de novembro de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 20230144AE-OU.

DNI/NIF/NIE: Y5489838M.

Último enderezo coñecido: rúa Pescadores, número 3, O Barco de Valdeorras, 32300 Ourense.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG num. 202, do 21 de agosto).

Artigo 42.bis.d). A falta de cumprimento voluntario da medida de illamento prescrita ou indicada polos profesionais sanitarios ou as profesionais sanitarias ou polas autoridades sanitarias con motivo da atención sanitaria a persoas diagnosticadas dunha enfermidade transmisible ou con síntomas da dita enfermidade, cando non sexa constitutivo de infracción moi grave.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: vinte mil un euros (20.001,00 €).