DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 15 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación persoal sen que se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas do procedemento de homologación e/ou validación de estudos estranxeiros non universitarios.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sita no Edificio Administrativo de Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 7º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Pontevedra, 15 de novembro de 2023

César Augusto Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Rodríguez, Eleanora Beatriz

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Van Strahlen, Claraynes

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios