DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-01084-O-2023 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-01084-O-2023 e outros catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan a súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 9 de novembro de 2023

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF do/da

denunciado/a

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

XC-01084-O-2023

5981-LPC

32818513C

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.12.2022; 13.29; AC-552; 66,3

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-01205-O-2023

3210-LGT

32669479A

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

4.1.2023; 11.04; N-651; 25,042

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-03767-O-2023

2820-JXS

32776043P

Os extintores non van provistos dun precinto, ben non foron obxecto de inspeccións, ben non levan unha marca de conformidade ou ben non levan unha marca que indique a data da próxima inspección ou data límite de utilización.

13.3.2023; 16.20; AG-55; 6,0

Artigo 198.6.3 do ROTT

Artigo 141.5.3 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

XC-03871-O-2023

6237LJK

X9823015Z

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

14.3.2023; 9.30; AP-9 M; 1,2

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-03884-O-2023

9256-KKY

X7363918P

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

11.5.2023; 18.49; N-550; 37,383

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros