DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, do contrato administrativo de elaboración do proxecto e execución da obra de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Sada, A Coruña (expediente AUG-2023-0005) (clave OH.315.1189).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 45252100-9 (traballos de construción de plantas depuradoras de augas residuais).

4. Código/s NUTS do lugar principal da obra: ES111 Sada (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: elaboración do proxecto e execución da obra de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Sada, A Coruña. Referencia de expediente: AUG-2023-0005. Clave do proxecto: OH.315.1189.

Os traballos obxecto deste contrato inclúen a redacción do proxecto construtivo e, de acordo co dito documento técnico, a construción da obra hidráulica proxectada e a posta en marcha dos novos procesos.

Esta actuación trae causa da necesidade da falta de capacidade da actual estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Sada para dar un tratamento axeitado ás augas residuais que recibe e para asegurar o cumprimento dos parámetros de vertedura das augas tratadas ao medio receptor.

Esta obra recolle as actuacións necesarias para a ampliación da capacidade de tratamento da EDAR existente de Sada, sen precisar de máis terreos que os afectados actualmente e mantendo o servizo de depuración durante a execución da obra.

Os traballos do contrato comprenden a elaboración do documento técnico construtivo e a execución da obra e a súa posta en marcha.

A necesidade da actuación deriva da falta de capacidade, tanto hidráulica como de carga contaminante, da actual estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Sada.

A solución á situación permitirá incrementar a capacidade de depuración ata os 30.463 habitantes equivalentes, cun caudal máximo admisible en tempo de choiva de 181 l/s. Para levar a cabo esta actuación de modernización, será necesaria a conversión do tratamento secundario existente a leito móbil, en diante MBBR, que suporá ademais a adecuación das outras etapas de depuración. De xeito resumido, recóllese o seguinte:

• Nova arqueta de repartición ao pretratamento e by-pass xeral.

• Ampliación de capacidade hidráulica dos pretratamentos existentes a 181 l/s.

• Elemento de repartición ao proceso secundario.

• Conversión das dúas liñas de reactores biolóxicos a MBBR.

• Arqueta de repartición á etapa de clarificación.

• Demolición dos decantadores existentes e construción de dúas liñas de clarificación de tipo lamelar.

• Desinfección de augas depuradas e conexión á condución de vertedura.

• Adecuación da liña de tratamento de lamas ás características dos lodos do novo biolóxico de depuración, coa incorporación dunha etapa de estabilización biolóxica das lamas e actualización da deshidratación.

• Actualización das instalacións auxiliares (edificios, desodorización, saneamento interior, urbanización e demais que correspondan).

• Adecuación da subministración eléctrica ás novas necesidades da infraestrutura ampliada.

Unha vez executada a obra, poranse en marcha os novos procesos en colaboración co servizo municipal existente de depuración ata alcanzar os rendementos esperados.

Ao tratarse dun servizo existente, a actuación debe deseñarse sen afectar máis superficie que a ocupada pola instalación existente e para manter en funcionamento a depuradora.

Previamente á etapa de construción, o contrato inclúe a redacción do proxecto en que se desenvolverá, a nivel construtivo, a solución seleccionada na licitación, coas tramitacións administrativas asociadas.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario e anticipado de gasto.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 8.517.956,93 euros. Importe total: 10.306.727,89 euros.

8. Valor estimado do contrato: 8.517.956,93 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución: 33 meses, dos cales corresponden a:

– Prazo de elaboración do proxecto construtivo: 3 meses.

– Prazo de execución da obra e posta en marcha: 30 meses, dos cales 10 meses corresponden á execución da obra fase I, 11 meses á posta en marcha da obra fase I e execución da obra fase II e 9 meses á posta en marcha da obra fase II.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), proxecto de licitación (ponderación 35 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 5 %), programa de construción da obra (ponderación 4 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 3 %) e memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 14 de agosto de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 3.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 2.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 18 de setembro de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso UTE: UTE-Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa & Pesa Medioambiente, S.A.

14.2. NIF: U56279110.

14.3. Enderezo: rúa Paseo, 25, entr., 32003 Ourense.

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Correo electrónico: org@copasagroup.com

14.6. Fax: 988 37 44 79.

14.7. Teléfono: 618 67 01 40.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Pesa Medioambiente, S.A.).

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 8.006.000,00 euros. Importe total: 9.687.260,00 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e susceptible de cofinanciamento nun 60 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no obxectivo temático 6. Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2. Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1. Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga; actuación 6.2.1.2. Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ares-Betanzos. Aglomeración de Sada.

A actuación enmárcase dentro do programa Galicia Feder 2021-2027 no obxectivo político 2. Unha Europa máis verde; obxectivo específico 2.5. Promover o acceso á auga e unha xestión hídrica sostible; liña de actuación 2.5.03. Investimentos en materia de saneamento e depuración necesarias para o cumprimento das directivas en materia de augas; ámbito de intervención TI0066. Recollida e tratamento de augas residuais de acordo cos criterios de eficiencia enerxética; operación de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ares-Betanzos. Aglomeración de Sada.

Polo tanto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE número 2022/S 225-647895, do 22 de novembro.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de novembro de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial da Unión Europea: 22 de novembro de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 17 de novembro de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 14 de agosto de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 19 de setembro de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de setembro de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 28 de setembro de 2023.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia