DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de novembro de 2023 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador DH.D15.88405.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF 32793169E a proposta de resolución do expediente sancionador do 13 de outubro de 2023 ditada no procedemento de denuncia en materia de verteduras DH.D15.88405.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, perante a Área de Vertidos de Augas de Galicia, no prazo de quince días contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia