DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de novembro de 2023 polo que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística PON/194/2023-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 1 de setembro de 2023, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico (expediente PON/194/2023-RP1).

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade número 77465245-A e 36090571-Y, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas na rúa dos Camiños da Vida, s/n; Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinente e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística