DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada soterramento LAT 66 kV DC Mourente-Pontesampaio entre os apoios 4 e 21, no concello de Pontevedra, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/450-4).

A instalación denominada soterramento LAT 66 kV DC Mourente-Pontesampaio entre os apoios 4 e 21 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, do 13 de outubro de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 22 de decembro de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Pontevedra.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmaselles que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 3 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Soterramento LAT 66 kV Mourente Pontesampaio entre os apoios 4 e 21

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

m2 subsolo

m2 servidume de paso soterrada

1

36900A11600110

Fonte Grande

Virginia María Sieiro Caramés

1

29

1

36900A11600110

Fonte Grande

María Dolores Sieiro Caramés

1

29

2

36900A11600073

Fonte Grande

Virginia María Sieiro Caramés

1

6

15

43

2

36900A11600073

Fonte Grande

María Dolores Sieiro Caramés

1

6

15

43

3

36900A08200046

Loxe

Antonio Filgueira Boullosa

1

34

36

107