DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx. 65132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC, no concello de Tomiño, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/071-4).

A instalación denominada substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 16 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 14 de decembro de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Tomiño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmaselles que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 3 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Substitución apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 na LMTA TUI8032011 e RC

Referencia catastral

Lugar

Representa

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 servidume de paso soterrada

1

36054A040001570000EB

Bouzón-Piñeiiro

Carmen Fernández Alfaya

1

1,44

2

36054A040002880000EG

Adaballe

Amalia Durán Fonterosa

Hdros. José Durán Cambra

2

1,44

3

336054A040002840001RE

Adaballe

Pilar Alonso Piñeiro

31,50

20,07

3

336054A040002840001RE

Adaballe

Ignacio Alonso Piñeiro

31,50

20,07

4

36054A040002850000EA

Adaballe

Enrique Fernández Pérez

31,19

5,23