DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64403

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 pola que se nomean funcionarios/as de carreira da escala administrativa (subgrupo C1), polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, de dúas prazas da escala administrativa (subgrupo C1) vacantes na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas pola Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG do 23 de decembro).

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira, da escala administrativa (subgrupo C1) da Universidade da Coruña, os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de quenda libre que se relacionan no anexo, ordenados/as consonte a puntuación final acadada.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de novembro de 2023

Ramón del Valle López
Xerente

ANEXO

Escala administrativa (subgrupo C1)

DNI

Nome

Experiencia

Formación

Total

UDC

Outra Admón.

Xeral/específica

Galego

***6055**

Pérez Ramos, Ana María

80

0

16

2,5

98,5

***8264**

Calvete García, Begoña

80

0

16

2,5

98,5