Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT VAA705 derivada OT SMA Embalse, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 8 de novembro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/14-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT VAA705 derivada OT SMA Embalse.
Concello: Vigo.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data de ocupación |
Depósito previo |
28 |
54057A196002720000BU |
Armando Fernández Costas |
28 de novembro de 2023 |
2023/54/282 |
39 |
54057A196002510000BP |
Brígida Barreiros Costas |
28 de novembro de 2023 |
2023/54/302 |