DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2022/253-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto denominado regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8, segundo se sinala no cadro anexo.

Asemade, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/savinao4

Lugo, 6 de novembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/253-2.

Denominación: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8.

Concello: O Saviñao.

Declaración de utilidade pública.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Afeccións

ml aér.

Afeccións

m² aér.

4

93

149

Chao

Matogueira

Isaac Sánchez López

3.62

82.55

7

93

140

Cubela

Matogueira

Elia Taboada Expósito

4.39

8

93

135

Cubela

Prados ou pradarías

Manuel Sánchez Díaz

58.52

897.75

12

118

84

Rañadoira

Prados ou pradarías

Isaac Sánchez López

36.61

585.25