DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución de apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución de apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 8 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/002-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución de apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

3

36900A090001280000QB

Campos

Evaristo Souto Muíños