DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se publica a concesión dun caudal de auga no concello de Arzúa (expediente DH.A15.58087).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público, para xeral coñecemento que, mediante resolución da dirección de Augas de Galicia do 3 de outubro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Herdeiros de Fernando García Vázquez unha concesión de 17.739 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Currás, da parroquia de Dodro (Santa María), no concello de Arzúa (A Coruña), con destino a rega.

Expediente: DH.A15.58087.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións