DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de novembro de 2023 polo que se notifica a resolución ditada no expediente DH.B15.87172.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 33173599-D a Resolución do 11 de setembro de 2023, ditada no procedemento de recoñecemento dun uso privativo por disposición legal DH.B15.87172.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas do Servizo Territorial Galicia-Centro, situadas na rúa de Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico dgc.augas@xunta.gal ou no teléfono 981 54 47 26.

Así mesmo, indícase que se poderá interpoñer recurso de alzada, ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia