DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Catoira (expediente DH.A36.55917).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Manuel Ferreiros Mirás a oportuna novación de concesión para aproveitar 1.793 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Coaxe, da parroquia de Dimo (San Pedro), no concello de Catoira (Pontevedra), con destino a abastecemento e a rega.

Expediente: DH.A36.55917.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións