DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2023/076-4).

Expediente: IN407A 2023/076-4.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS LAL804 entre CCTT 36CNS9, 36SX91, 36CLZ0, 36CBY1 e 36SQ33.

Situación: concello de Lalín.

Feitos:

Primeiro. O 10 de febreiro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS LAL804 entre CCTT 36CNS9, 36SX91, 36CLZ0, 36CBY1 e 36SQ33.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas na rúa X, rúa Pintor Laxeiro, avenida Luis González Taboada, travesía P, rúa Maruja Gutiérrez e rúa Manuel Riveiro, no concello de Lalín (Pontevedra):

– Déixanse sen servizo os tramos LAL8040287, LAL8040286, LAL8040275, LAL8040301, LAL8040289, LAL8040290, LAL8040291, LAL8040276, LAL8040274, LAL8040303 e LAL8040302 da liña de media tensión LAL804 Lalín 1 4.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 1.164 metros de lonxitude para aumentar a capacidade de transporte.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Lalín e o Servizo de Patrimonio Cultural.

O Servizo de Patrimonio Cultural emitiu un informe en que indica que non existen elementos que protexer desde o punto de vista de protección do patrimonio.

O Concello de Lalín non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. O 13 de xullo de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou un modificado ao proxecto orixinal no cal cambia parte do trazado da liña de media tensión subterránea proxectada, que pasa dun total de 1.164 metros iniciais a 783 metros finais.

Cuarto. A raíz do modificado, esta xefatura territorial volveu solicitar o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Lalín e o Servizo de Patrimonio Cultural.

O Servizo de Patrimonio Cultural informou que a actuación está fóra dos contornos de protección específicos do patrimonio cultural.

O Concello de Lalín non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, en nove actuacións:

– De 219 metros, con orixe no centro de transformación rúa X 36CNS9 e final no punto de acceso á rede (PAR) nº 3 proxectado na avenida Luis González Taboada.

– De 79 metros, con orixe no PAR nº 3 proxectado na avenida Luis González Taboada e final no centro de transformación Rúa F 36SX91.

– De 70 metros, con orixe no PAR nº 3 proxectado na avenida Luis González Taboada e final no PAR nº 8 proxectado.

– De 7 metros, con orixe no PAR nº 8 proxectado e final no centro de transformación Edificio Luar 36CLZ0.

– De 112 metros, con orixe no PAR nº 8 proxectado e final no PAR nº 11 proxectado na esquina rúa Maruja Gutiérrez coa rúa B.

– De 53 metros, con orixe no PAR nº 11 proxectado na esquina rúa Maruja Gutiérrez coa rúa B e final no PAR nº 12 proxectado na rúa Maruja Gutiérrez.

– De 7 metros, con orixe no PAR nº 12 proxectado na rúa Maruja Gutiérrez e final no centro de transformación rúa G 36CBY1.

– De 4 metros, con orixe no PAR nº 12 proxectado na rúa Maruja Gutiérrez e final no empalme proxectado na rúa Maruja Gutiérrez.

– De 232 metros, con orixe no PAR nº 11 proxectado na esquina rúa Maruja Gutiérrez coa rúa B e final no centro de transformación rúa X 36CNS9.

– A instalación está situada na rúa X, rúa Pintor Laxeiro, avenida Luis González Taboada, travesía P, rúa Maruja Gutierrez, rúa Manuel Riveiro e rúa B, no concello de Lalín (Pontevedra).

Conforme o indicado,

Resolvo:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS LAL804 entre CCTT 36CNS9, 36SX91, 36CLZ0, 36CBY1 e 36SQ33 (expediente IN407A 2023/076-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 27 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra