DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, da concesión administrativa e da batea V.J.G. III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea V.J.G. III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O día 28 de agosto de 2023, José Teira Ramallo solicitou autorización para a transmisión mortis causa, da concesión administrativa da batea V.J.G. III.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Miguel Ángel Teira Patiño (***3439**), da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:

Tipo: batea.

Nome: V.J.G. III.

Situación:

Cuadrícula nº: 18.

Polígono: C.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 4.6.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: María Esther Patiño Rodriguez (***4562**) (50 % ganancial) e José Teira Ramallo (***5086**) (50 % ganancial).

Novos titulares: José Teira Ramallo (***5086**) (50 % de propiedade e 50 % de usufruto) e Miguel Ángel Teira Patiño (***3439**) (50 % de núa propiedade).

Esta autorización outórgase baixo as seguintes condicións particulares:

1. A transmisión do 50 % da concesión e da batea V.J.G. III a favor de José Teira Ramallo autorízase na súa condición de usufrutuario vitalicio do viveiro; réxese o dito dereito de usufruto polo establecido na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.

2. Non se autorizarán, por esta consellería do Mar, transmisións inter vivos do 50 % da concesión e da batea V.J.G. III realizadas por José Teira Ramallo na súa condición de usufrutuario vitalicio, sen o consentimento da persoa propietaria sen usufruto.

3. A transmisión mortis causa do 50 % da concesión e da batea V.J.G. III do que é titular José Teira Ramallo na súa condición de usufrutuario, autorizarase por esta consellería do Mar, unicamente a favor da persoa propietaria sen usufruto.

4. A extinción do dereito de usufruto de José Teira Ramallo sobre o 50 % da concesión e da batea V.J.G. III implicará a transmisión da dita porcentaxe a favor da persoa propietaria sen usufruto.

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 30 de outubro de 2023

O Conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña