DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/233-4).

Expediente: IN407A 2023/233-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución LMTS CAT705, CAT704 e TRO702.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 20 de abril de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica Substitución LMTS CAT705, CAT704 e TRO702.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a renovación da rede existente nas rúas Baixada á Estación, Urzáiz, Hernán Cortés, María Berdiales e Magallanes en Vigo, mediante as seguintes actuacións:

Déixanse sen servizo os tramos TRO7020466, TRO7020467 e TRO7020471, con condutor PPV 12/15 kV 3×95 CU, e proxéctase a instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 184 metros en condutor RHZ1.

Déixase sen servizo o tramo CAT7040290, con condutor PPV 12/15 kV 3×95 CU, e proxéctase a instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 334 metros en condutor RHZ1.

Déixanse sen servizo os tramos CAT7050093, CAT7050095, CAT7050097 e CAT7050116, con condutor PPV 12/15 kV 3×95 CU, e proxéctase a instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 555 metros en condutor RHZ1.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, a Demarcación de Estradas do Estado e o Servizo do Patrimonio Cultural.

Os organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en sete actuacións:

1. De 44 metros, con orixe na LMTS existente TRO7020471, na arqueta existente na rúa Urzáiz, fronte ao número 65, e final na LMTS existente TRO7020470, na arqueta existente fronte ao número 61 da rúa Urzáiz.

2. De 68 metros, con orixe na LMTS existente TRO7020469, na arqueta existente fronte ao número 61 da rúa Urzáiz, e final na LMTS existente TRO7020468, na arqueta existente fronte ao número 2 da rúa Lepanto.

3. De 72 metros, con orixe na LMTS existente TRO7020468, na arqueta proxectada fronte ao número 1 da rúa Lepanto, e final no centro de transformación Cervantes 36S866.

4. De 334 metros, con orixe na LMTS existente CAT7040258, na arqueta proxectada fronte ao número 22 da rúa Urzáiz, e final na LMTS existente CAT7040291, na arqueta proxectada fronte ao número 1 da rúa Hernán Cortés.

5. De 332 metros, con orixe no centro de transformación Banco Hispano 36S873, e final na LMTS existente CAT7050099, na arqueta proxectada fronte ao número 1 da rúa Hernán Cortés.

6. De 69 metros, con orixe na LMTS existente CAT7050100, na arqueta proxectada fronte ao número 41 da rúa Urzáiz, e final na LMTS existente CAT7050098, na arqueta proxectada fronte ao número 1 da rúa de Lepanto.

7. De 154 metros, con orixe na LMTS existente CAT7050098, na arqueta existente fronte ao número 2 da rúa Lepanto, e final na LMTS existente CAT7050129, na arqueta existente fronte ao número 2 da rúa Baixada á Estación.

A instalación está situada nas rúas Baixada á Estación, Urzáiz, Hernán Cortés, María Berdiales e Magallanes, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución LMTS CAT705, CAT704 e TRO702 (expediente IN407A 2023/233-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 25 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra