DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica ás posibles persoas titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 138/78 e oito máis).

Na sesión que tivo lugar o día 9.10.2023 o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– MVMC Barrosa (exp. 138/78), pertencente aos veciños de Barrosa, da parroquia de Penarrubia, e MVMC Quintá e Queirogal (exp. 79/83), pertencente aos veciños dos lugares de Quintá e Queirogal, da parroquia de Pousada. Ambos os montes están no concello de Baralla.

Con datas de entrada 27.9.2022 e 25.11.2022 presentáronse solicitudes relativas ao acordo de deslindamento levado a cabo entre as citadas comunidades, en canto á liña que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 12.7.2023 o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_154) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Barrosa: 27,15 hectáreas.

• MVMC Quintá e Queirogal: 88,57 hectáreas.

Tras examinar a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Ventosa (exp. 89/77), pertencente aos veciños do lugar de Ventosa, parroquia de Moia, e MVMC Larxentes (exp. 85/77), pertencente aos veciños do lugar de Larxentes, parroquia de Muñís. Ambos os montes están no concello de Navia de Suarna.

O 27.9.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada os días 21.10.2022 e 17.11.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 12.9.2023 o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_156) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Ventosa: 558,5 hectáreas.

• MVMC Larxentes: 228 hectáreas.

Tras examinar a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Barrazoso e Fontefría (exp. 7/77), pertencente aos veciños da parroquia de Gaibor, no concello de Begonte, e MVMC Pígara (exp. 65/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pígara, no concello de Guitiriz.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 18.9.2023 o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_166) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Barrazoso e Fontefría: 522 hectáreas.

• MVMC Pígara: 620 hectáreas.

Tras examinar a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Conchada (exp. 111/75), pertencente aos veciños da parroquia de Quiroga, e MVMC Vilar de Lor (exp. 28/73), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Lor. Ambos os montes están no concello de Quiroga.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais.

Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 13.6.2023 o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_239) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Conchada: 304 hectáreas.

• MVMC Vilar de Lor: 1.261 hectáreas.

Tras examinar a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Conchada (exp. 111/75), pertencente aos veciños da parroquia de Quiroga, e MVMC Val Primeiro (exp. 121/75), pertencente aos veciños da parroquia de Hermida. Ambos os montes están no concello de Quiroga.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 13.9.2023 o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_240) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Conchada: 314 hectáreas.

• MVMC Val Primeiro: 394 hectáreas.

Tras examinar a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 3 de novembro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento por acordo entre a CMVMC Barrosa e a CMVMC Quintá e Queirogal

ANEXO II

Deslindamento por acordo entre a CMVMC Ventosa e a CMVMC Larxentes

ANEXO III

Deslindamento por acordo entre a CMVMC Gaibor e a CMVMC Pígara

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento por acordo entre a CMVMC Conchada e a CMVMC Vilar de Lor

missing image file

ANEXO V

Deslindamento por acordo entre a CMVMC Conchada e a CMVMC Hermida

missing image file
missing image file
missing image file