DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 24 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente sancionador PS-XT-03-2023.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación, de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme ao disposto no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Vigo, 24 de outubro de 2023

Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PS-XT-03-2023.

Persoa interesada: DNI 71469926W.

Acto de notificación: Acordo do 29 de setembro de 2023 de cambio de instrutor de procedemento sancionador.