DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63196

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

EDICTO de execución subsidiaria para o cumprimento de xestión da biomasa forestal por incumprimento dos obrigados.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que, mediante o Decreto do 17.10.2023 de inicio de execución subsidiaria, resolveuse o que segue:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da xestión da biomasa, contra o titular catastral da parcela 2661933PJ1326S0002PM, sita na rúa Pascual Veiga, nº 20, na parroquia de Covas, Viveiro (Lugo).

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estímase que a limpeza xerará os custos que se detallan:

Nº de expediente

Ref. catastral

Data notificación/publicación

Situación

Superficie m2

Liquidación provisional dos traballos

Data de inspección/incumprimento

Persoa responsable

4983/2023

2661933PJ1326S0002PM

BOE 11.7.2023

DOG 27.7.2023

Rúa Pascual Veiga, nº 20, Covas, Viveiro (Lugo)

366

48,68 euros

22.8.2023

33587666F

Terceiro. Serve o presente como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituíndo o decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de roza.

Cuarto. Os titulares identificados no expediente, e sinalados aquí co número de documento nacional de identidade, están obrigados ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a execución subsidiaria supoña para esta administración.

Quinto. Ordenar a publicación de anuncio da presente resolución no BOE e no DOG, polo que respecta aos titulares obrigados, que substituirá as notificacións persoais, por ser descoñecido o enderezo do titular.

O que se publica para coñecemento dos obrigados (en ausencia de enderezo coñecido), en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndoselles saber que:

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra este poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que pronunciou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non queren exercer o seu dereito para presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Polo que respecta á liquidación provisional dos custos de xestión da masa forestal, en voluntaria, que ascende ás cantidades que se identifican en cada caso, se lles require o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Viveiro en CaixaBank co número ES79-2100-4330-62-0200001100, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de falta de pagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Viveiro, 23 de outubro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa